viernes 20/5/22

Promoción do Xacobeo e do destino Galicia en Italia e no País Vasco

Cómpre destacar que ambos son mercados son de interese para Galicia. No caso do País Vasco, trátase do 6º mercado emisor máis importantes para o turismo galego, o supoñer case o 5% dos turistas que a comunidade recibe. No caso de Italia é un dos mercados internacionais máis consolidados, xa que só en relación ao Camiño de Santiago, os peregrinos procedentes deste territorio no ano 2019 foron case o 9% do total.

A Xunta promocionou esta fin de semana a celebración do Xacobeo e o destino Galicia en dúas feiras turísticas profesionais: Expovacaciones, que comezou o venres e remata hoxe na cidade vasca de Barakaldo e na Travel Show 2022 en Roma, na que Galicia participou da man de Turespaña. Trátase de dúas feiras turísticas orientadas a profesionais e tamén a público final nas que Galicia puido seguir promovendo internacionalmente a celebración deste Ano Santo.

No caso de Expovacaciones, Galicia participou con stand propio na que está considerada como un do certames turísticos máis importantes da zona norte de España, con case 70.000 visitantes na última edición no que adoita estar representados todas as comunidades autónomas nun espazo expositivo onde se dan cita máis de 160 expositores.

No caso da feira en Italia, a presenza do noso destino turístico fíxose baixo o paraugas de Turespaña. Trátase dunha feira de recente creación, sendo esta a súa segunda edición, coa finalidade de dar a coñecer a nosa terra tanto aos posibles turistas como as axencias de viaxes.

Produtos cabeceira de marca

A través da participación nestas feiras turísticas, o Goberno galego achegou información sobre os recursos e produtos turísticos cos que conta Galicia, con especial mencións a produtos como o Camiño de Santiago, a Ruta das Camelias, o enoturismo impulsado polas Rutas dos Viños, a gastronomía ou actividades deportivas e na natureza.

Comentarios