lunes. 26.09.2022

Primavera no Camiño Inglés

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés tomou esta decisión para garantir a seguridade tanto das persoas que ían estar presentes en representación dos 18 concellos participantes como do público asistente diante das pésimas previsións meteorolóxicas para este sábado 4 de xuño, que alertan de fortes choivas con posibilidade de aparato eléctrico. 

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés acordou este mércores o aprazamento da quinta edición de Primavera no Camiño Inglés, prevista para este sábado 4 de xuño en Sigüeiro (Oroso). Unha iniciativa que terá lugar no mesmo emprazamento o vindeiro domingo 12 de xuño.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés tomou esta decisión para garantir a seguridade tanto das persoas que ían estar presentes en representación dos 18 concellos participantes como do público asistente diante das pésimas previsións meteorolóxicas para este sábado 4 de xuño, que alertan de fortes choivas con posibilidade de aparato eléctrico. Esta decisión foi corroborada coa Deputación da Coruña e o Concello de Oroso, colaboradores na iniciativa.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés lamenta as molestias que este aprazamento poida causar pero entende que é a mellor solución para que este encontro de municipios que é a Primavera no Camiño Inglés se poida desenvolver nas mellores condicións posibles. Nos próximos días darase a coñecer a programación para o domingo 12 de xuño, que se prevé que sexa moi similar á actual.

Primavera no Camiño Inglés
Comentarios