jueves. 28.03.2024

Plan de Sostibilidade Turística na Ribeira Sacra

Neste acto déronse a coñecer o servizo de lanzadeira Escairón-Praia da Cova, o manual de turismo responsable para visitantes da Ribeira Sacra e o portal de gobernanza participativa, un espazo en liña onde as persoas residentes, empresarios, visitantes, asociacións o organismos poderán achegar puntos de vista no relativo ao desenvolvemento turístico desta zona.
O acto, no que se deron a coñecer o servizo de lanzadeira Escairón-Praia da Cova, o manual de turismo responsable para visitantes e o portal de gobernanza participativa, contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na presentación das accións dentro do Plan de Sostenibilidade Turística na Ribeira Sacra xunto ao alcalde do Concello do Saviñao, Juan Carlos Armesto, o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; e o deputado de Participación Cidadá da Deputación de Lugo, Roberto García Pern.

Neste acto déronse a coñecer o servizo de lanzadeira Escairón-Praia da Cova, o manual de turismo responsable para visitantes da Ribeira Sacra e o portal de gobernanza participativa, un espazo en liña onde as persoas residentes, empresarios, visitantes, asociacións o organismos poderán achegar puntos de vista no relativo ao desenvolvemento turístico desta zona.

O programa de Plans de sostibilidade turística en destino persegue como obxectivos xerais apoiar aos destinos turísticos, calquera que sexa a súa escala e o tipo de demanda ao que responda, no seu proceso de transformación cara a integrar na súa oferta a sostibilidade ambiental, socioeconómica e territorial, e desenvolver estratexias de resiliencia fronte aos novos retos do ecosistema turístico, desde o cambio climático, ata a sobredemanda ou as crises sanitarias e de seguridade.

Durante a súa intervención, Nava Castro puxo en valor a importancia do sector turístico na Comunidade e fixo fincapé na relevancia destes plans para unha maior cohesión territorial, non só relacionando a oferta e os destinos de cada territorio, senón creando conexións entre os destinos de distintas rexións.

“Mediante estas accións, incidimos na importancia da aposta pola calidade e a excelencia nos destinos como un elemento fundamental na valoración por parte dos turistas, xa que esta implica diferenciación e valor engadido e sitúa ao noso destino nunha posición de maior privilexio fronte aos nosos competidores” indicou a directora de Turismo de Galicia.

Neste sentido, Nava Castro destacou o feito de que desde a Xunta de Galicia estanse a incrementar os destinos galegos cos valores que caracterizan a estes plans que, sumados aos atributos diferenciadores dos que Galicia goza como destino, permitenlle á Comunidade afrontar os retos  actuais do desenvolvemento turístico de xeito favorable.

O Plan de Sostibilidade Turística na Ribeira Sacra está financiado a tres bandas, Goberno do Estado, Xunta de Galicia e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, cun presuposto de 2 millóns de euros para os próximos 3 anos, dos cales 850.000€ foron achegados pola Xunta de Galicia.

Plan de Sostibilidade Turística na Ribeira Sacra
Comentarios