lunes. 29.04.2024

Paz Gestoso, novo director do Centro Superior de Hostelería de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución do tribunal que cualificou o proceso para a cobertura do posto de director da Área de Profesionalización na Axencia de Turismo de Galicia, o que supón dirixir o Centro Superior de Hostelería de Galicia. Así, o posto será ocupado por José Paz Gestoso, licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, con estudos de Dirección e Xestión de Empresas turísticas pola mesma universidade, que conta cunha dilatada experiencia no eido do turismo.
José Paz Gestoso.
José Paz Gestoso.

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución do tribunal que cualificou o proceso para a cobertura do posto de director da Área de Profesionalización na Axencia de Turismo de Galicia, o que supón dirixir o Centro Superior de Hostelería de Galicia. Así, o posto será ocupado por José Paz Gestoso, licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, con estudos de Dirección e Xestión de Empresas turísticas pola mesma universidade, que conta cunha dilatada experiencia no eido do turismo.

Entre os anos 2007 e 2009 xa dirixira o Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), cargo que deixou para asumir as mesmas responsabilidades á fronte do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia. Nos anos 2012 e 2013 foi director xerente do Xacobeo e entre o ano 2013 e 2015 director xerente de Turismo de A Coruña. Desde o ano 2015 traballaba na Área de Imaxe e Xestión de Marca de Turismo de Galicia.

Como novo director, José Paz organizará, coordinará e controlará o conxunto de actividades do Centro Superior de Hostelería de Galicia, no que a día de hoxe están matriculados máis de 170 estudantes. Será tamén responsable da coordinación e organización das prácticas en empresas e explotación interna do centro. O CSHG imparte desde hai dous cursos académicos o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras da Universidade de Santiago. Tamén aposta pola innovación e a formación constante buscando a reciclaxe dos traballadores en activo. Por iso, ten tamén un plan de formación anual para os profesionais do sector.

Paz Gestoso, novo director do Centro Superior de Hostelería de Galicia
Comentarios