Obxectivo, cooperación entre destinos do sector turístico mediante a transferencia de coñecementos entre eles

O Congreso organizado pola Asociación Internacional de Cooperación Turística (ASICOTOUR) tivo lugar este mércores en Santiago.
Durante os dous días de duración do congreso, impartiranse conferencias por parte de especialistas no sector e realizaranse mesas redondas onde diferentes actores intercambiarán puntos de vistas sobre temas de actualidade do sector turístico.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na inauguración do I Congreso Internacional de Cooperación Turística-  ASICOTUR e posteriormente na  mesa redonda "Adaptación do  turismo rexional á nova realidade: casos de éxito de cooperación transfronteriza", onde puxo en valor a dinamización do turismo galego e a importancia da celebración destes foros de encontro do sector.

A directora de Turismo de Galicia, indicou que os novos retos aos que se enfronta o sector turístico, como son a globalización e a competitividade,este tipo de congresos sexan indispensables, xa que permite intercambiar información entre os diferentes actores do sector e analizar as melloras que se poden realizar.

Ademais, na súa intervención, Castro destacou o potencial turístico que ten Galicia, incidindo en que “Galicia está de moda gracias a un modelo que fuxe das masificacións e que aposta por fórmulas tranquilas que combinan natureza, gastronomía, patrimonio e sobre todo un entorno e un destino seguro”.

Tamén fixo fincapé no papel de Santiago de Compostela como meta da peregrinación internacional dende o século XI, consolidándose actualmente como un destino seguro e de calidade.

Así mesmo, puxo en valor o papel do Ano Xacobeo na recuperación da oferta turística da nosa comunidade, subliñando o éxito de chegada de peregrinos coa mellora sanitaria, con máis de 80.000 Compostelas seladas no que vai de ano.

O Congreso organizado pola Asociación Internacional para a Cooperación Turística (ASICOTUR) ten como finalidade o fomento da cooperación entre destinos do sector turístico mediante a transferencia de coñecementos entre eles.

Durante os dous días de duración do congreso, impartiranse conferencias por parte de especialistas no sector e realizaranse mesas redondas onde diferentes actores intercambiarán puntos de vistas sobre temas de actualidade do sector turístico.