jueves. 28.03.2024

'O Camiño esquecido'

O Coliseo Noela de Noia acollerá mañá mércores 3 de maio, a partir das 20:00 horas, a estrea oficial de “O Camiño esquecido”, un documental promovido pola  Asociación de Concellos do Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia e que recolle as evidencias documentais e patrimoniais sobre a historicidade e o trazado deste camiño de peregrinación a Compostela. Unha iniciativa na a que Asociación de Concellos do Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Xacobeo 21-22 e o Xeodestino Ría de Muros Noia.
cartel noela4

A apertura de portas terá lugar ás 19:30 horas no Coliseo Noela, onde haberá un photocall para as persoas asistentes. O acto dará comezo ás 20:00 horas, coas intervencións do alcalde de Noia, Santiago Freire; a presidenta da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia, Teresa Villaverde; e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Acto seguido terá lugar un coloquio técnico no que participarán: Sebastián Valverde, produtor do documental; Mario César Vila, arqueólogo e historiador; Sofía Baqueiro, arqueóloga e historiadora; e Marcial Rodríguez, arquitecto. Así mesmo, está prevista a participación por videoconferencia de Rafael Méndez Peña, director e realizador do documental, de 27 minutos de duración.

'O Camiño esquecido'
Comentarios