viernes. 26.04.2024

Hai testemuños das viaxes a Santiago de Compostela dende Suíza do século XV

 Ildefonso de la Campa foi o encargado de facer a presentación en Zurich nun acto no que estivo acompañado da embaixadora de España en Suíza, María Celsa Nuño, o cónsul de España neste país, Juan Carlos Gafo, o director da OET en Zurich, Horacio Díaz del Barco, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.
O director de Admón. e RR. Amigos do Camiño, Ildefonso de la Campa, asistiu á presentación de Galicia en Suíza na que participaron preto dun cento de persoas.
O director de Admón. e RR. Amigos do Camiño, Ildefonso de la Campa, asistiu á presentación de Galicia en Suíza na que participaron preto dun cento de persoas.

O Xacobeo como motor de recuperación do conxunto dos territorios polos que pasa o Camiño de Santiago e o propio Camiño como piar de creación da identidade europea centraron a presentación Galicia, Xacobeo 2021-22 que hoxe acolleu Zurich e na que participaron preto dun cento de persoas.

Promovida pola Xunta a través de Turismo de Galicia e a S.A Xacobeo, o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño, Ildefonso de la Campa, foi o encargado de facer a presentación en Zurich nun acto no que estivo acompañado da embaixadora de España en Suíza, María Celsa Nuño, o cónsul de España neste país, Juan Carlos Gafo, o director da OET en Zurich, Horacio Díaz del Barco, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

Na súa intervención, Ildefonso de la Campa puxo en valor os nexos que unen ambos países, destacando a acollida e a tradición cultural como elemento común, remarcando que hai testemuños das viaxes a Santiago de Compostela dende Suíza do século XV, cando un monxe alemán saíu do mosteiro de Einsedeln na procura da tumba do Apóstolo, percorrendo o xa coñecido como Camiño Alto.

De la Campa aproveitou a súa participación para destacar os calidades e os recursos turísticos que fan de Galicia un destino seguro, alentando a “descubrir os seus máis de 1.500 km de costas e as súas 700 praias, as súas augas termais, valoradas desde a época romana polas súas propiedades beneficiosas e, por suposto, a súa enogastronomía como algúns dos seus múltiples reclamos que nos converten nun destino perfecto”. A presentación contou cunha actuación musical e unha degustación gastronómica a cargo do recoñecido cociñeiro Yayo Daporta.

Tras as presentacións de Portugal, Italia e Francia, Suíza é o cuarto país europeo no que se desenvolve este acto para poñer en valor a celebración deste Xacobeo especial e presentar un dos principais motivos para elixir Galicia como destino turístico.

No ano 2019 foron case 2.000 os peregrinos que chegaron dende o país helvético a Galicia, e espérase que este fluxo continúe aumentando a nivel que se recupere a mobilidade internacional.

Hai testemuños das viaxes a Santiago de Compostela dende Suíza do século XV