miércoles. 24.04.2024

Galicia e Portugal traballan conxuntamente na configuración dun destino turístico intelixente

No proxecto EDIT participan, ademais, a Axencia Turismo de Galicia, Turismo do Porto e Norte de Portugal, a Universidade do Minho, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a asociación CCG/ZGDV Centro de Computación Gráfica.
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, intervén na inauguración do Foro EDIT Innovación e  Cooperación. Destino Intelixente Galicia-Norte Portugal.
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, intervén na inauguración do Foro EDIT Innovación e Cooperación. Destino Intelixente Galicia-Norte Portugal.

O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolle entre hoxe e mañá os foros do proxecto “Eurorrexión destino turístico intelixente” (EDIT) liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e financiado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). 

No proxecto EDIT participan, ademais, a Axencia Turismo de Galicia, Turismo do Porto e Norte de Portugal, a Universidade do Minho, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a asociación CCG/ZGDV Centro de Computación Gráfica.

Galicia ten en marcha no marco deste proxecto dúas iniciativas de Big Data para coñecer e xestionar os fluxos turísticos e de control e xestión das visitas á Catedral de Santiago

 Os foros foron inaugurados esta mañá polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño e contarán coa participación, entre outros, de Tania Iglesias, xefa do proxecto da rede de Destinos Turísticos Intelixentes da Secretaría de Estado de Turismo; Pili Chapela, directora de Retegal, ou Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia.

A segunda sesión será inaugurada pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e contará, entre outras, coas intervencións de Alberto Palomo, xefe da Oficina do Dato do Goberno de España; Antonio Rodríguez del Corral, presidente del Clúster TIC de Galicia; así como representantes de organizacións e administracións turísticas de Oporto, Andalucía ou Valencia. O programa completo pódese consultar nesta ligazón.

O proxecto EDIT permitirá a normalización dos datos procedentes de sensores instalados en Galicia e no norte de Portugal

Entre os obxectivos do proxecto EDIT está o de normalizar os datos procedentes de sensores de Galicia e o Norte de Portugal que permitan controlar, analizar perfiles e xestionar os fluxos turísticos. Tamén permitirá a xestión sostible do turismo, xa que permitirá coñecer os momentos nos que un determinado recurso poida estar saturado ou en risco de estalo.

DÚAS ACTUACIÓNS

No marco do proxecto EDIT, a Xunta de Galicia ten en marcha a construción e posta en marcha do sistema de información intelixente de turismo de Galicia, por un importe de cerca de 650.000 euros. O sistema permitirá á Axencia Turismo de Galicia dispoñer de información analítica avanzada, mediante o uso da tecnoloxía BigData, sobre gasto turístico, reservas turísticas, ocupación, mobilidade ou sentimento e opinión de turistas e cidadáns.

Un dos obxectivos da colaboración é a xestión sostible dos recursos turísticos a partir do procesamento dos datos con tecnoloxías intelixentes

 Recentemente foi adxudicada tamén, dentro deste mesmo proxecto, a subministración, instalación e posta en marcha dun sistema para o control de aforamentos, fluxos e videovixilancia na Catedral de Santiago de Compostela.

Galicia e Portugal traballan conxuntamente na configuración dun destino turístico...
Comentarios