sábado. 05.10.2024

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación do Plan de Sustentabilidade Turística “Condado Paradanta Destino Enogastronómico”, no que participan os concellos da Cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

Esta acción, dotada de 1.500.000 de euros, forma parte do Plan Territorial de Enogastronomía de Galicia, recentemente aprobado na Conferencia Sectorial de Turismo a proposta do Goberno galego, que está dotado con 34,5 millóns de euros.

O Plan engloba actuacións en 80 concellos das 4 provincias galegas que teñen como obxectivo a promoción da nosa comunidade como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas do territorio, como a posta en valor dos territorios vitivinícolas, a mellora da comercialización e da promoción de novos produtos turísticos vinculados á enogastronomía galega, a promoción da xestión sostible desde os destinos e a potenciación do territorio enogastronómico galego como un espazo de desenvolvemento turístico cun forte contido na dixitalización e na innovación gastronómica.

'Condado Paradanta Destino Enogastronómico'
Comentarios