Exames de carácter libre das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente

Se está evaluando la extensión durante este año del sistema en otros ámbitos, como la comercialización del producto de las lonjas adheridas al proyecto Lonjas Gallegas 4.0, o la trazabilidad de la madera en las talas públicas y privadas realizadas en Galicia.

A Consellería do Mar abre mañá o prazo de matrícula para os exames ordinarios de carácter libre para as titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. As probas, de carácter teórico e práctico, realizaranse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico (Vigo), na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e o prazo de matriculación estenderase ata o 14 de marzo, día incluído.

A convocatoria e demais documentación precisa para concorrer a estas probas está publicada na web da Consellería do Mar, no seguinte enlace. No caso da titulación de mariñeiro pescador, o exame teórico-práctico será o día 25 de abril nos tres centros formativos dependentes da Xunta. O mesmo ocorre no caso das titulacións de patrón local de pesca (sección máquinas), nas que a data da proba é o vindeiro 26 de abril, e no caso das de patrón local de pesca (sección ponte e común), coa celebración do exame o 27 de abril.

Por último, as probas para a titulación de patrón costeiro polivalente (sección máquinas) serán o 28 e 29 de abril e as de patrón costeiro polivalente (sección ponte) terán lugar o 2 e o 3 de maio.

As persoas interesadas en participar nas probas terán que cumprimentar a solicitude que figura como anexo II da Orde do 31 de xullo de 2014 e cumprir as condicións de acceso establecidas para as distintas titulacións. O modelo de solicitude está dispoñible na Guía de Procedementos e Servizos en https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora ou formalizarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os aspirantes.

Unha vez finalizado o prazo de solicitude de inscrición, farase pública a listaxe provisional dos aspirantes admitidos e excluídos na páxina web da Consellería do Mar e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que os excluídos poidan emendar as deficiencias.