sábado. 04.05.2024

A sociedade cooperativa Amegrove, líder internacional no sector do mexillón

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe a relevancia económica e social do conxunto da actividade empresarial e industrial  asentada ao longo do extenso litoral galego. “Galicia é a comunidade autónoma con máis km de costa de España e toda esa costa é riqueza, xa que alí viven persoas, hai empresas que moven a economía e dan postos de traballo e que non están aí por capricho”, asegurou.
O presidente da Xunta visitou as instalacións de Amegrove

Así o destacou hoxe durante unha visita ás instalacións da sociedade cooperativa Amegrove, na que estivo acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e onde eloxiou a traxectoria dunha empresa que se ten consolidado como líder internacional no sector do mexillón. “Temos un produto magnífico e temos que seguir traballando para seguir mantendo este sector tan estratéxico para a nosa comunidade, non só aquí ao pé do mar senón todo o que se move para que chegue aos consumidores”, indicou.

Neste sentido, apostou por seguir promocionando a marca Galicia dos produtos do mar, xa que “é un sinónimo de calidade e de saber que hai que pagar por un produto excepcional”.

Así mesmo, asegurou que "en Galicia somos os máis interesados en protexer o noso litoral” en referencia á defensa que o Goberno galego quere aportar ás empresas asentadas na costa no marco da Lei do Litoral.

A sociedade cooperativa Amegrove, líder internacional no sector do mexillón
Comentarios