jueves. 25.04.2024

Persoas en desemprego de larga duración de Pontevedra poden inscribirse no programa ‘Emplearte’

Pontevedra acollerá, así, entre finais deste mes e de novembro, a segunda edición de Emplearte, un programa innovador co que se pretende impulsar unha busca de emprego máis creativa e diferencial. Para acadalo, as e os participantes asistirán a sesións presenciais e virtuais, onde recibirán asesoramento de especialistas para impulsar unha nova procura de emprego en equipo.
A través del programa, virtual y gratuito, se ofrecerán a las personas interesadas retos diarios de 15 minutos para mejorar la selección en procesos de empleo, redactar los currículos o enfrentar las entrevistas con seguridad.

As persoas en situación de desemprego de Pontevedra ou os seus arredores poden formalizar a súa inscrición, ata o 23 de setembro, no programa Emplearte co que a Xunta, en colaboración coa Fundación Santra María la Real, quere contribuír a mellorar a empregabilidade, principalmente de persoas paradas de larga duración maiores de 45 anos.

Pontevedra acollerá, así, entre finais deste mes e de novembro, a segunda edición de Emplearte, un programa innovador co que se pretende impulsar unha busca de emprego máis creativa e diferencial. Para acadalo, as e os participantes asistirán a sesións presenciais e virtuais, onde recibirán asesoramento de especialistas para impulsar unha nova procura de emprego en equipo.

A través das diferentes dinámicas, potenciarase a orixinalidade e creatividade na configuración de currículos e se adestrará ás persoas participantes en habilidades para enfrontar entrevistas de traballo ou mostrar o seu potencial. Ante situacións de risco de cronificación do desemprego, trátase de que vivan o proceso de procura de traballo como un reto creativo e ilusionante e de que melloren a súa candidatura ofrecendo a mellor versión de si mesmos.

Poden participar no programa persoas en desemprego de longa duración, con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos; e terán prioridade as maiores de 45. Poden ter calquera nivel de estudos (Sen estudos, ESO; Formación Profesional, Bacharelato, grao universitario, etc.) e proceder de calquera sector laboral.

As persoas interesadas en participar neste programa, totalmente gratuíto, poden apuntarse en https://www.emple-arte.org/ ou de xeito presencial na oficina de emprego da rúa Benito Corbal.

A iniciativa conta co apoio económico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia con cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

Persoas en desemprego de larga duración de Pontevedra poden inscribirse no programa...
Comentarios