domingo. 28.04.2024

Nova planta piloto de grafito de Resonac na Coruña

Trátase dun proxecto empresarial pioneiro en España que vai situar A Coruña coma referente nesta singular industria que aposta pola produción sostible e que incluirá unha fábrica de hidróxeno verde para abastecerse nos antigos terreos ocupados por Alu Ibérica no polígono coruñés da Grela.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitará as instalacións de Resonac, onde mantuvo un encontro coa directiva. Polígono Industrial da Grela.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitará as instalacións de Resonac, onde mantuvo un encontro coa directiva. Polígono Industrial da Grela.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que proxectos como a nova planta piloto de grafito de Resonac na Coruña son unha mostra do atractivo industrial de Galicia. O titular do Goberno galego puxo a esta fábrica como exemplo “do emprego industrial de calidade, do uso de alta tecnoloxía” e da aposta polo I+D+i que “lle convén a Galicia”.

Durante unha visita as novas instalacións, Rueda lembrou que grazas a este proxecto -unha fábrica de produción de grafito para baterías de vehículos eléctricos- a empresa nipona contribúe a consolidar “a Galicia potente e industrial que queremos seguir construíndo”.

Trátase dun proxecto empresarial pioneiro en España que vai situar A Coruña coma referente nesta singular industria que aposta pola produción sostible e que incluirá unha fábrica de hidróxeno verde para abastecerse nos antigos terreos ocupados por Alu Ibérica no polígono coruñés da Grela. “Vai consolidar esta zona no camiño cara diante polas enerxías verdes e as industrias do futuro”, resaltou.

Por último, Rueda lembrou que para atraer investimentos industriais á comunidade é preciso dar certezas ás empresas. Nesta liña, salientou a necesidade de que o Goberno central garanta unha modificación da planificación eléctrica, tal e como demanda desde hai tempo a Xunta, para que empresas como Resonac poidan levar a cabo os seus proxectos con plenas garantías.

Nova planta piloto de grafito de Resonac na Coruña
Comentarios