viernes. 06.12.2024

Grupo Godoy Maceira, Premio Honorífico desta edición dos premios anuais de Aje Vigo

O Grupo Godoy Maceira, con sede no Porriño e especializado en deseño, elaboración e transporte de obras en granito, será o Premio Honorífico desta edición dos premios anuais de Aje Vigo. Así llo avanzaron hoxe ao seu xerente, Fernando Godoy Maceira, o presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo, Iván Suárez, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo.
Alejandro Lorenzo e Iván Suárez co representante da empresa premiada.
• Iván Suárez, presidente da asociación, e Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño avanzáronllo hoxe ao seu xerente, Fernando Godoy.

O Grupo Godoy Maceira, con sede no Porriño e especializado en deseño, elaboración e transporte de obras en granito, será o Premio Honorífico desta edición dos premios anuais de Aje Vigo. Así llo avanzaron hoxe ao seu xerente, Fernando Godoy Maceira, o presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo, Iván Suárez, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo.

O Grupo Godoy Maceira, constituído en 1979, é hoxe en día un referente nacional e internacional no seu sector. Entre os seus logros, destacan proxectos como a réplica e colocación do Templete de Antonio Palacios no metro de Madrid, reproducindo o deseño orixinal do arquitecto porriñés, a restauración da catedral de Santiago de Compostela ou a recente rehabilitación do Palacio da Oliva, en Vigo. A nivel internacional, participou na humanización de Trafalgar Square en Londres e en proxectos en Estados Unidos, entre outros.

Iván Suárez, presidente de AJE Vigo, destacou que con este recoñecemento “ponse en valor o esforzo e empeño dunha empresa familiar, pilotada xa pola súa segunda xeración, por situar a Galicia no mapa internacional co seu bo facer e profesionalidade, levando ademais a nosa cultura e tradición máis alá das nosas fronteiras”. Ademais, continúa Suárez, “no Porriño son moitas empresas as que merecen recoñecementos coma este, por iso eliximos este municipio para os nosos premios, pola súa importancia como motor económico e industrial da provincia de Pontevedra”.

Pola súa banda, o alcalde Alejandro Lorenzo apuntou que é un orgullo “que se elexira O Porriño para entregar estes premios e tamén que o premio honorífico sexa para unha das súas empresas, un merecidísimo recoñecemento á traxectoria de Godoy Maceira que leva o nome do noso pobo por todo o mundo”. Lorenzo engadiu que iniciativas como estes galardóns de AJE Vigo contribúen a “fomentar a cultura empresarial, apoiar e animar á mocidade a poñer en marcha os seus proxectos de emprendemento, algo que aplaudimos desde este Concello xa que nesa liña traballamos”. 

Grupo Godoy Maceira, Premio Honorífico desta edición dos premios anuais de Aje Vigo
Comentarios