sábado. 05.10.2024
Acto de entrega e imposición da Medalla do Parlamento de Galicia 2023 á Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal

Rueda subliña que “o soño dunha Europa sen fronteiras” comezou na Eurorrexión

O titular do Goberno galego recordou que coa firma no Porto da constitución da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, no ano 1991, creáronse unhas “pontes indestrutibles que forman unha comunidade” na que se mesturan historia, cultura, lingua e fortes intereses compartidos no eido económico.
António Cunha, presidente da Eurorrexión, recibe de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e acompañado polo presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, a medalla.
António Cunha, presidente da Eurorrexión, recibe de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e acompañado polo presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, a medalla.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, erixiu hoxe o traballo conxunto de Galicia e o norte de Portugal como exemplo pioneiro de europeísmo. Afirmouno no seu discurso no acto de entrega e imposición da Medalla do Parlamento de Galicia 2023 á Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, que tivo lugar no Pazo do Hórreo. 

3
Rueda, Cunha e Santalices. 

O titular do Goberno galego recordou que coa firma no Porto da constitución da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, no ano 1991, creáronse unhas “pontes indestrutibles que forman unha comunidade” na que se mesturan historia, cultura, lingua e fortes intereses compartidos no eido económico. Dous anos despois púxose en marcha o Mercado Único Europeo e, no ano 1995, entrou en vigor o Tratado de Schengen. Rueda, polo tanto, subliñou o carácter pioneiro dese fito que protagonizaron a rexión norte de Portugal e a Comunidade autónoma de Galicia. “O soño dunha Europa sen fronteiras empezou a ser unha realidade aquí”, remarcou.

Medalla10 (Large)
Miguel Santalices durante o seu discurso como presidente do Parlamento galego.

Alfonso Rueda asegurou que ese exemplo de unidade e europeísmo ofrecido hai máis de tres décadas ten vocacións continuadora e quere ser “o exemplo no que se miren os europeístas de mañá”.  

MÁIS DE 6,4 MILLÓNS DE HABITANTES 

A colaboración transfronteiriza sumou un novo vencello ás xa estreitas relacións entre Portugal e España. Galicia e o norte de Portugal ocupan unha superficie de 51.000 km2 e concentran unha poboación de 6,4 millóns de habitantes. 

António Cunha.
António Cunha.

Para o desenvolvemento das súas funcións, a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal creou dez comisións sectoriais, tres comunidades territoriais e unha comisión específica que agrupa ás 18 cidades que abrangue o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. 

O Parlamento de Galicia concedeu a Medalla 2023 á Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal polo seu labor no impulso duns lazos históricos entre os dous territorios que se traduciron tamén en fortes ligazóns sociais, culturais e mesmo económicas.

Medalla28 (Large)
O vicepresidente do Parlamento portugués. 

O brazo operativo da Comunidade de Traballo é a Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, un ente público constituído no ano 2008 pola Xunta de Galicia e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal (CCDR-N). O seu presidente, António Cunha, recolleu a medalla entregada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices.

Medalla23 (Large)
O presidenta da Xunta, Alfonso Rueda, durante o seu discurso. 

PRESIDENTE DO PARLAMENTO GALEGO

Pola súa parte, Miguel Santalices  afirmou  que "Xuntos, galegos e portugueses, somos máis e somos mellores". O Parlamento de Galicia concedeu a Medalla da Cámara á cooperación transfronteiriza entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal, unha iniciativa pioneira, pola súa eficacia, pero tamén pola lealdade institucional que a caracteriza respecto ao resto de poderes públicos. O presidente do Parlamento sinala a renovación da conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal como un dos retos de futuro “para impulsar o crecemento, atraer investimentos e facilitar a circulación de persoas e mercadorías nunha sociedade que superou definitivamente os modelos centrípetos de o pasado" "Que esta medalla sirva de estímulo para seguir traballando coa mesma intensidade e afrontar con éxito estes e outros retos",

Medalla27 (Large)
Medalla17 (Large)

 

Rueda subliña que “o soño dunha Europa sen fronteiras” comezou na Eurorrexión
Comentarios