viernes. 19.04.2024

Rueda anuncia a creación dunha bolsa de voluntarios para facer quendas nos PAC con vacantes estruturais

Rueda fixo balance da situación actual da sanidade galega e dos retos que ten por diante. O presidente autonómico subliñou o esforzo orzamentario da Xunta nesta materia, como amosa o feito de que nos orzamentos deste ano case o 45 por cento vai destinado á sanidade pública. Destacou o impulso que se lle está a dar á interconsulta electrónica para facilitar o traballo dos profesionais e, sobre todo, para maior comodidade dos pacientes, para evitar que teñan que facer desprazamentos innecesarios aos hospitais.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistie á inauguración da 49ª Reunión anual da Sociedade Galega de Oftalmoloxía. Facultade de Medicina da USC.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistie á inauguración da 49ª Reunión anual da Sociedade Galega de Oftalmoloxía. Facultade de Medicina da USC, 11/02/23.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou hoxe o importante esforzo económico e organizativo do Goberno galego e o indispensable papel dos médicos para consolidar e seguir mellorando “o magnífico nivel da sanidade pública galega en todos os eidos”. Durante a inauguración da 49ª Reunión da Sociedade Galega de Oftalmoloxía en Santiago, resaltou o compromiso da Xunta por mellorar a calidade asistencial e as condicións laborais dos profesionais sanitarios e agradeceu o labor que estes últimos realizan a diario.

Rueda fixo fincapé, durante a súa intervención, en que Galicia é punteira no eido da Oftalmoloxía e lembrou que o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago é centro de referencia a nivel nacional no tratamento de tumores intraoculares ou en cirurxías como a reconstrución da superficie ocular complexa.

Nesta liña, resaltou que a Xunta traballa por mellorar a asistencia nesta especialidade ampliando a carteira de servizos non só nos hospitais de referencia en cada área sanitaria, senón tamén nos hospitais comarcais -coa incorporación, por exemplo, das consultas de retina ao Hospital de Cee- ou a adquisición de última tecnoloxía coma 26 novos retinógrafos para os centros de saúde, o que duplica o número de equipos existentes.

Ademais, Rueda fixo balance da situación actual da sanidade galega e dos retos que ten por diante. O presidente autonómico subliñou o esforzo orzamentario da Xunta nesta materia, como amosa o feito de que nos orzamentos deste ano case o 45 por cento vai destinado á sanidade pública. Destacou o impulso que se lle está a dar á interconsulta electrónica para facilitar o traballo dos profesionais e, sobre todo, para maior comodidade dos pacientes, para evitar que teñan que facer desprazamentos innecesarios aos hospitais.

O presidente da Xunta reiterou o propósito de volver ao nivel das listas de agarda que había antes da pandemia, “un obxectivo nada sinxelo pero posible”, afirmou. Entre os retos máis inmediatos, aludiu a algunhas das medidas que está a implantar a Xunta para paliar o déficit de médicos como a convocatoria por concurso de méritos de 400 prazas de sanitarios para postos de difícil cobertura, segunda edición dunha medida pioneira en España, e coa que o Goberno galego xa convocou outras 106 prazas o ano pasado.

Nas últimas semanas, Rueda tamén anunciaba a creación dunha bolsa de voluntarios para facer quendas nos PAC con vacantes estruturais ou ofrecer un contrato de tres anos de duración aos médicos de familia cando rematen a residencia.

Rueda anuncia a creación dunha bolsa de voluntarios para facer quendas nos PAC con...
Comentarios