viernes. 26.04.2024

El río Lérez mellorará o seu hábitat fluvial

Acompañada polos alcaldes de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra, a conselleira explicou que esta actuación se enmarca no proxecto Mil Ríos, unha iniciativa do seu departamento cun orzamento global de 5 millóns de euros procedentes dos fondos NextGenerationUE e que aspira a mellorar 470 quilómetros de 50 cursos fluviais nas catro provincias para aumentar así a súa resiliencia e capacidade de resposta ante o cambio climático.

 

 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou hoxe o proxecto na presa de Bora xunto aos alcaldes de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou hoxe o proxecto na presa de Bora xunto aos alcaldes de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra

A Xunta de Galicia investirá 450.000 euros no río Lérez no marco dunha actuación integral coa que se busca mellorar os seus hábitats fluviais, eliminar barreiras e obstáculos na parte baixa da canle para facilitar o paso dos peixes migradores e retirar especies vexetais invasoras das zonas de ribeira.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou esta mañá os principais datos da intervención desde a estación de control da presa de Bora, un dos puntos nos que, precisamente, está previsto actuar co fin de garantir a franqueabilidade da ictiofauna ao seu paso por este tramo do Lérez.

Acompañada polos alcaldes de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra, a conselleira explicou que esta actuación se enmarca no proxecto Mil Ríos, unha iniciativa do seu departamento cun orzamento global de 5 millóns de euros procedentes dos fondos NextGenerationUE e que aspira a mellorar 470 quilómetros de 50 cursos fluviais nas catro provincias para aumentar así a súa resiliencia e capacidade de resposta ante o cambio climático.

Trátase, tal e como lembrou, dunha das actuacións máis ambiciosas que levará a cabo a Xunta grazas ao financiamento europeo asignado a Galicia para iniciativas no eido da restauración e da conservación dos ecosistemas e da súa biodiversidade.

caso concreto do río Lérez, Ángeles Vázquez explicou que os traballos se dividirán en dous grandes bloques, atendendo ao seu obxectivo principal. Así, por unha banda actuarase en dous obstáculos claves da parte baixa do río —a presa de Monte Porreiro e a xa mencionada presa de Bora— co fin de facilitar a accesibilidade de peixes migradores e recuperar deste xeito a continuidade lonxitudinal do paso da ictiofauna polo río.

Por outro lado, tamén se eliminarán árbores e arbustos exóticos invasores, principalmente acacias, e se plantarán exemplares propios do bosque de ribeira e frondosas. O obxectivo é mellorar a vexetación das marxes fluviais a través do control das especies invasoras nestas zonas e da restauración do bosque de galería e doutras formacións arbóreas autóctonas.

Todas estas actuacións levaranse a cabo ao longo de case 14 km de tramos fluviais e abranguerán unha superficie de 102 hectáreas de terreo —66 hectáreas de intervención directa e 36 hectáreas de mellora de hábitats fluviais por permeabilización de obstáculos— pertencentes a Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra.

Neste sentido, a conselleira agradeceu a colaboración das comunidades de montes veciñais e en man común da zona —Vilanova, Santo Andrés de Xeve, Tenorio e San Xurxo de Sacos— por facer posible que unha parte das actuacións proxectadas se leven a cabo en fincas da súa propiedade.

Segundo explicou Ángeles Vázquez, a previsión é que os traballos sobre o terreo comecen o vindeiro mes de maio co obxectivo de que poidan estar rematados a finais deste mesmo ano.

Actuacións en 4 ríos pontevedreses

 

No conxunto da provincia de Pontevedra, a Xunta utilizará o Mil Ríos para avanzar na recuperación, restauración e mellora da resiliencia das marxes dos tramos seleccionados en 4 canles fluviais —Ulla, Tea, Miño e Lérez—, que abranguen en total case 310 hectáreas e discorren por 13 municipios.

O Lérez foi elixido para ser incluído neste proxecto de mellora dos hábitats naturais nos ríos e zonas húmidas galegos polos seus importantes valores ambientais, que o converten nun dos principais corredores fluviais da Comunidade e lle valeron tamén para entrar a formar parte da Rede Natura 2000.

Con 60 km de lonxitude, 450 km2 de superficie de bacía e 17 m3/s de caudal medio, o río Lérez nace no Monte de San Bieito, na vertente occidental da serra do Candán, e desemboca no Atlántico a través da ría de Pontevedra.

Zona de paso para os peixes migradores, cómpre subliñar que os traballos realizados por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural nesta canle fluvial céntranse desde mediados da década dos 90 no programa de recuperación do salmón Atlántico. A tal fin, no ano 1996 comezou a funcionar a estación de control de peixes migradores de Bora. Como noutros ríos galegos, no Lérez realizáronse traballos de mellora da accesibilidade, control da pesca fluvial e mellora da poboación ictícola mediante repoboacións.

El río Lérez mellorará o seu hábitat fluvial