viernes. 26.04.2024

Recuperación dos Baños de San Xusto, exemplo da aposta europea por conxugar sostibilidade, inclusión e beleza

O proxecto, promovido e executado polo Goberno galego en colaboración co Concello de Cerdedo-Cotobade, foi seleccionado para formar parte da exposición organizada como parte central do festival que se celebra do 9 ao 12 de xuño na capital belga. Ademais, cómpre subliñar que Galicia tamén foi unha das rexións europeas escollidas como sede paralela do evento, polo que tanto onte como hoxe acollerá diversos talleres e actividades.
A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.
A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.

A Xunta expón estes días en Bruxelas, no marco do Festival Europeo da Nova Bauhaus, os resultados da recuperación paisaxística, patrimonial e etnográfica acometida no entorno fluvial dos Baños de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade, como un exemplo práctico de que é posible conxugar sostibiiidade, inclusión e beleza nunha mesma actuación, en liña coa aposta que está a facer a Comisión Europea por reconectar persoas e natureza.

O evento que se celebra en Bruxelas ata o domingo supón un escaparate internacional para dar difusión a proxectos de toda a UE acordes coa filosofía da Nova Bauhaus

O proxecto, promovido e executado polo Goberno galego en colaboración co Concello de Cerdedo-Cotobade, foi seleccionado para formar parte da exposición organizada como parte central do festival que se celebra do 9 ao 12 de xuño na capital belga. Ademais, cómpre subliñar que Galicia tamén foi unha das rexións europeas escollidas como sede paralela do evento, polo que tanto onte como hoxe acollerá diversos talleres e actividades.

O Festival Europeo da Nova Bauhaus de Bruxelas conta coa participación da directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, que asiste en representación da Xunta e para poñer en valor a actuación acometida na contorna fluvial dos Baños de San Xusto, executado o ano pasado no marco do primeiro Pacto pola Paisaxe asinado en Galicia e que contou cun investimento global de preto de 700.000 euros.

Cómpre subliñar que este festival é o primeiro evento destas características que se celebra como parte do programa da Nova Bauhaus, posto en marcha no ano 2020 pola Comisión Europea cuns obxectivos que se aliñan directamente cos do Pacto Verde e que pasan por recobrar o sentido de pertenza a un lugar e implicarse máis coa natureza.

Eses valores de inclusión, sustentabilidade e beleza que promove a filosofía da Nova Bauhaus, precisamente, caracterizan todas as propostas que forman parte da exposición, un escenario idóneo para dar a coñecer en Europa e internacionalmente o labor realizado pola Xunta na recuperación patrimonial e paisaxística desta zona.

O proxecto foi executado o ano pasado no marco do primeiro Pacto pola Paisaxe asinado en Galicia e contou cun investimento global de preto de 700.000 €

Neste sentido, cómpre lembrar que a intervención da Administración autonómica, executada a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, permitiu restaurar desde cero elementos patrimoniais presentes na contorna dos Baños de San Xusto —como a central hidroeléctrica, a primeira fábrica de luz da provincia, inaugurada no 1915 e anteriormente en ruínas— e etnográficos —entre outros, 4 muíños e varias edificacións anexas— para devolver a súa identidade a unha localización emblemática e con moitos puntos de interese.

De feito, recuperar este entorno fluvial pontevedrés foi un dos obxectivos principais do Pacto pola Paisaxe asinado en 2019 entre a Xunta e o Concello de Cerdedo-Cotobade, que pon especial énfase nas augas mineiro medicinais e, nun senso máis amplo, en crear un lugar de lecer e benestar para os veciños e visitantes da zona. Isto último é posible grazas á reconversión da central eléctrica nun balneario, co fin de que funcione como activador económico e social para a zona.

A rehabilitación desta contorna natural tamén comprende ás fontes e depósitos de auga, á casa do muiñeiro –que agora funciona como almacén da caldeira de biomasa coa que funciona o balneario-, á instalación de novas bañeiras –mantendo as antigas, que pasarán a funcionar como elemento ornamental- e ao acondicionamento dos accesos e o aparcadoiro.

Todos estas novas funcións teñen á auga como fío argumental, ao tempo que se busca un bo uso da forza do río Lérez e das augas sulfurosas da zona, que posúen propiedades terapéuticas, para impulsar iniciativas como o Pacto polo Clima, positivas para o entorno e a súa conservación.

Recuperación dos Baños de San Xusto, exemplo da aposta europea por conxugar...
Comentarios