lunes. 29.04.2024

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez Domínguez, e a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia (APG), María Méndez, presentarán o próximo mércores, 26 de xullo, ás 10,00h, no salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxías, en Santiago de Compostela, a terceira edición da campaña #IgualdadeFollowers, pioneira no uso de material audiovisual a través das redes sociais para concienciar da necesidade de avanzar cara unha plena igualdade de xénero xa desde a infancia.

No acto darase conta do contido desta nova edición da campaña promovida pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e da APG, na que participaron quince destacados personaxes da nosa comunidade autónoma: Carlota Corzo, emprendedora e cofundadora de “lazzaro.io”; Carmen Vidal, xefa de Alergoloxía do 
CHUS e investigadora; Clara Redondo, deseñadora de moda e influencer  (“plantitiscronica”); Fernando Romay, exbaloncestista, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984; Ismael Ramos, escritor, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2022; Laura Vallejo, operaria forestal e influencer 
(“lauritavallejo”); Lúa Piñeiro, campioa de Europa de taekuondo; Lucía Pérez, cantante, representante de España en Eurovisión 2011; María Foscaldo, xornalista e influencer (“Virtudes a Repunante”); Martín de la Puente, tenista en cadeira, campión dobres US Open 2022; Miguel Mandayo, futbolista e influencer (“maandayo”); Nani García, músico, Premio de Honra da Academia Galega do Audiovisual 2023; Patricia García, xornalista e influencer (“donkeycool”); Paula Vilaboy, bióloga e influencer (“blondiemuser”); e 
Yolanda Castaño, poeta, editora e xestora cultural. 

Na presentación intervirán os influencer Patricia García, Lúa Piñeiro e Clara Redondo, e proxectarase un breve vídeo demo que recolle as achegas dalgúns dos protagonistas desta terceira edición do proxecto #IgualdadeFollowers

Proxecto #IgualdadeFollowers
Comentarios