lunes. 29.04.2024

Un 29 de marzo de 1995 as escolas das dúas beiras Miño, naquel entón apenas 15, celebraban a inauguración dunha ponte internacional entre Salvaterra e Monção cunha xorna “experimental” de radio escolar. Esta xornada foi realizada intergramente por alumnado de escolas galegas e portuguesas desde dous estudios radiofónicos, o da emisora “Ecos da Raia” de Monção e os estudio escolar instalado na biblioteca da Casa da Cultura de Salvaterra. 

Aquelas 13 horas de radio crearon nas comarcas veciñas un impacto que transcendía non só o ámbito escolar senón tamén as fronteiras que se rachaban nas ondas e que a ponte física viña unir. 

Dende entón, a experiencia de Ponte...nas ondas! foi evolucionando e marcando ftos que xa forman parte da historia de Galicia e de Portugal: 

• En 1998, na terceira edición da xornada radifónica, realízase a primeira emisión de radio por Internet.
• En 2001, a experiencia aborda o proxecto educativo da UNESCO “A rota dos escravos” no que participan escolas de África e América.
• En 2004 impulsa a candidatura das tradicións orais galego-portuguesas ás Obras Mestras do Patrimonio Cultural Inmaterial, a primeira candidatura mundial a UNESCO promovida por centros educativos de dous países. 
• En 2014 recibe o premio ONDAS pola mellor cobertura do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) galego-portugués. 
• En 2015 a UNESCO acredita a Ponte...nas ondas! como ONG consultora para o PCI, a primeira entidade en Galicia e 3ª en Portugal.
• En 2022 a UNESCO inscribe a Ponte...nas ondas! como “modelo de boas prácticas co PCI”
• En 2023 celebra un congreso internacional sobre PCI e educación co soporte da UNESCO e a Xunta de Galicia inicia a implantación do “modelo PNO!” no sistema
educativo.

PRESENTACIÓN EN LISBOA

Unha delegación de PNO! viaxará a Lisboa do 2 ao 3 de maio para presentar o modelo no Centro Galego e no instituto Ginés de los Ríos. Un grupo de alumnado do IES de Salvaterra de Miño realizará un magazine radiovisual conxuntamente con alumnado portugués coa participación de persoas portadoras do PCI e a intervención dunha representación musical galega e portuguesa con convidados como o Cuarteto Caramuxo, a cantante Uxía, João Afonso e António Zambujo. 

COA VISTA NO 30 ANIVERSARIO (1995-2025)

A Asociación prepara a celebración no próximo ano do 30 aniversario no que haberá unha participación dos centros educativos que xa forman parte da rede e tamén doutras entidades que veñen colaborando coa experiencia como as universidades, as emisoras de radio e outras institucións como a AECT do Río Miño, o Consello da Cultura Galega, as Deputacións de A Coruña e Pontevedra e a Xunta de Galicia.

O CENTRO DO PATRIMONIO

O edifcio da vella alfândega de Valença do Minho prepárase para acoller un centro de referencia para o patrimonio común galego-portugués e no que a experiencia de Ponte...nas ondas!, impulsora do proxecto, vai ter unha participación destacada para dinamizar o espazo e para convertelo nun punto de encontro para as actividades culturais e educativas de Galicia e do Norte de Portugal

Ponte nas ondas viaxará a Lisboa en maio para presentar o modelo
Comentarios