domingo. 13.10.2024

A Xunta de Galicia apoio o reforzo o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica. Este foro consultivo, no que están representadas as Administracións públicas, os partidos políticos, as Universidades, os sindicatos, a patronal e outros axentes sociais encargase de asesorar, analizar e propoñer actuacións no eido da demografía.

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe na sesión plenaria deste foro consultivo no que, entre outros aspectos, se ampliaron e se comezaron a renovar os grupos de traballo.

Deste xeito, o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, que foi o encargado de aprobar as liñas mestras da Lei de Impulso Demográfico, marco lexislativo pioneiro en España, contará con dous novos grupos de traballo. Un deles estará centrado na formación e innovación e o segundo será de ben estar e saúde.

RENOVACIÓN

Ademais da creación destes dous novos equipos, o pleno que celebrou hoxe este órgano tamén acordou actualizar os expertos que forman parte dos cinco equipos de traballo xa existentes. Estes cinco grupos xa existentes e que se renovarán son: xuventude, envellecemento, emigración e inmigración, familias e territorio.

Estes grupos están formados por un mínimo de cinco persoas e un máximo de 12. Son espazos de intercambio de coñecemento, análise e reflexión que teñen como obxectivo realizar propostas de actuación no ámbito temático que corresponda.

Observatorio galego de dinamización demográfica