viernes. 29.03.2024

O Agrobiotech Fest reuniu hoxe a 250 axentes dos sectores da alimentación, da biotecnoloxía e da biomasa no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole para compartir coñecemento e contactos comerciais.

Este evento bienal, que chegou á súa terceira edición cun

formato totalmente renovado, enmárcase no Programa Agrobiotech Innovación,

promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia

Galega de Innovación (GAIN) e da Tecnópole.

As novas tendencias protagonizaron as mesas sectoriais,

nas que participaron empresas de referencia como Leche Pascual, CAPSA,

Biochemize ou Grupo Natac. Polo que respecta á alimentación do futuro,

definiuse con base a tres atributos: saudable, sustentable e personalizada.

Ademais, fíxose referencia aos nootrópicos,

os cannabicos e os postbióticos como os produtos emerxentes dos que máis se

oirá falar a curto prazo. Sobre as demandas dos consumidores actuais, apuntouse

que lles importa o produto, pero tamén como se fai, cunha esixencia crecente a

nivel de sustentabilidade, respecto ao medio ambiente e aprovisionamento local.

Polo que respecta aos envases, o consumidor premia que sexan biodegradables,

reciclables e co mínimo compoñente de plástico.

A biotecnoloxía

foi presentada como a tecnoloxía máis antiga coñecida polo ser humano, xunto

coa metalurxia, aínda que a súa aplicación a nivel industrial é recente e será

no futuro cando se despreguen as súas grandes potencialidades. A nivel

empresarial, destacouse que as dinámicas de innovación aberta das

multinacionais con startups son unha vía moi eficiente para levar ao mercado

solucións novas con relativa rapidez.

Durante a

mesa da biomasa incidiuse na súa importancia para avanzar cara á bioeconomía. Neste

ámbito, presentouse o proxecto Valor Nature, no que o CIS Madeira colabora co

CTAG, GAIN e o Pólo de Inovação em Engenharia de Polímeros para usar residuos

forestais en composites para automóbil, mobiliario e arquitectura, naval e

aeronáutica. Tamén se incidiu na potencialidade que as fibras da celulosa teñen

no mercado da moda, que hoxe supón o 6,6% do total pero que aumentarán no

futuro, polo que convén garantir a súa procedencia para que sexa sustentable.

ACELERACIÓN DA INNOVACIÓN

Durante a

apertura do evento, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco

Conde, destacou que nas tres edicións do programa de aceleración de empresas

Agrobiotech celebradas ata a data apoiouse un total de 33 pemes galegas, 12

delas na deste ano.

Conde explicou

que a aceleradora Agrobiotech é unha iniciativa estratéxica para a Xunta que

permite impulsar a innovación, a comercialización e a internacionalización das

pemes galegas en tres sectores claves para o tecido produtivo galego e para a

provincia de Ourense como son o agroalimentario, o biotecnolóxico e o da

biomasa.

Grazas ao

plan de traballo á medida das necesidades de cada empresa que ofrece o

programa, as 21 iniciativas que participaron nas dúas edicións anteriores

lograron posicionar máis de 50 novos produtos no mercado, rexistraron un

aumento de facturación superior aos 6 millóns de euros e crearon máis de 70

novos empregos.

Este ano,

no ámbito da agroalimentación participaron Dayrilac, Orballo, Hifas da Terra e

Tastelab. Do sector biotecnolóxico, Cifga, AmsLab, Software 4 Science

Developments, Nasasbiotech e Celtalga. Do ámbito da biomasa, Mosquera

Villavidal, Horticultura Hidropónica e Ibérica de Esponjas Vegetales. Todas

elas mostraron os seus produtos en stands ao longo da xornada. O control de calidade de produtos téxtiles, alimentarios

e biomédicos; o descubrimento de fármacos; as novas abordaxes do cancro

mediante a biopsia líquida; a obtención de biotoxinas e extractos de algas; o

cultivo hidropónico de hortalizas; a fabricación de derivados lácteos de alto

valor engadido; a produción de alimentos deshidratados; a tecnoloxía de

intelixencia sensorial para a realización de catas; novos sistemas de control

de calidade dos pellets; esponxas vexetais; e nutracéuticos obtidos de fungos

cultivados sobre madeira protagonizaron os seus stands no evento.

A sesión da tarde centrarase nos combates dialécticos,

nos que representantes de empresas en posicións de liderado defenderán por

parellas enfoques diferentes sobre temas de actualidade. Nueva Pescanova,

FINSA, Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), Cafés Candelas, Galchimia, Quescrem,

Bialactis, Ecoplas, Qubiotech e Real Conservera Española enfrontaranse en cinco

combates sobre a innovación na grande empresa versus na peme, o financiamento

mediante capital risco contra o procedente de business angels, a internacionalización

fronte á consolidación no mercado local, os produtos gourmet versus os

alimentos funcionais e a I+D interna ou en colaboración entre empresas.

O Agrobiotech Fest reúne a 250 axentes dos sectores da alimentación, da biotecnoloxía e...