viernes. 06.12.2024

Afundación acollerá neste mes de novembro na súa Sede da Coruña as dúas propostas enmarcadas na Tempada Lírica organizada por Amigos da Ópera. Deste xeito, mañá, martes 22 de novembro ás 20.00 h está previsto o concerto de Susana García, soprano, e Marta Pujol, piano. O acceso é libre ata encher a capacidade.

Estas actividades enmárcanse na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos asistentes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao acudir á actividade.

Enfocado na procura dos máis prometedores talentos, esta serie de concertos abarcan un amplo rango de posibilidades vocais, entre as que se atopan non só a ópera e a zarzuela, senón tamén xéneros como o lied alemán, a mélodie francesa, a canción formal española, americana ou italiana. Tamén inclúe propostas de música renacentista, folk ou novas composicións.

SUSANA Y MARTA

Susana García comezou no Coro Cantabile da Coruña, onde realizou as súas primeiras intervencións como solista: Rèquiem, de Fauré, rol de Belinda, na ópera Dido e Eneas, de Purcell ou Laudate Dominum, de W. A. Mozart, entre outros. No 2012 empezou a estudar a especialidade de piano no Conservatorio Profesional de Música da Coruña co mestre Gabriel López. En 2015 iniciou a especialidade de canto coa mestra Diana Somkhieva, onde gañou o Concurso de Solistas en 2019.

Marta Pujol realizou os seus estudos musicais coa profesora Nuria Delclòs no Conservatorio Profesional de Música da Deputación de Tarragona. Orientou a súa carreira cara á música de cámara e o acompañamento vocal. Pianista correpetidora e Mestre Interno da Tempada de Ópera do Teatro Principal de Palma de Mallorca (cidade onde residiu antes de trasladarse a Barcelona), é colaboradora regular coa UIB como pianista e profesora de piano das Colonias Musicais de Verán.

'Novas voces galegas' dentro da Tempada Lírica de Amigos de la Ópera
Comentarios