jueves. 25.04.2024

Nova convocatoria de iniciativa Xove

Este programa vai dirixido a asociacións, federacións e entidades prestadoras de servizos á xuventude inscritas no censo de entidades xuvenís dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Tamén poden presentar proxectos os grupos informais, que deben estar compostos por un mínimo de 5 membros e un máximo de 8 empadroados na comunidade autónoma e con unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos.
Se ofrecerá un 15% de descuento en las primeras entradas de los siguientes eventos asociados: Son Rías Baixas, Sinsal, 17º Ribeira Sacra, Underfest, Vive Nigrán, Barbera Season Fest, Wos Festival y Revenidas.
Se ofrecerá un 15% de descuento en las primeras entradas de los siguientes eventos asociados: Son Rías Baixas, Sinsal, 17º Ribeira Sacra, Underfest, Vive Nigrán, Barbera Season Fest, Wos Festival y Revenidas.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha nova convocatoria de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia para impulsar proxectos liderados pola xuventude. A partir de mañá e ata o 13 de xuño poderanse presentar propostas de actividades ideadas e protagonizadas pola mocidade galega.

Así, este programa vai dirixido a asociacións, federacións e entidades prestadoras de servizos á xuventude inscritas no censo de entidades xuvenís dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Tamén poden presentar proxectos os grupos informais, que deben estar compostos por un mínimo de 5 membros e un máximo de 8 empadroados na comunidade autónoma e con unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos.

Cada un dos proxectos que se presente a esta convocatoria, dotada dun orzamento total de 400.000 euros, poderá recibir unha axuda de ata 5000 euros. Para facilitar que as asociacións xuvenís ou os grupos informais conten con liquidez para levar a cabo as actividades concederánselles anticipos dun 80% do importe asignado.

Aínda que se admite calquera temática, daráselle prioridade a proxectos dalgunha das seguintes áreas: emprendemento e empregabilidade; promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas; loita contra a violencia de xénero ou calquera outra forma de discriminación; posta en valor e promoción do Camiño de Santiago; fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude; fomento da inclusión social e laboral dos colectivos vulnerables; promoción de sectores emerxentes vinculados ás tecnoloxías da información e da comunicación; fomento da participación e empoderamento das mozas; promoción de actitudes e hábitos sustentables e de concienciación sobre o cambio climático; posta en valor do patrimonio cultural e natural e dinamización da lingua galega entre a mocidade.

Máis de 6 millóns de euros en 13 edicións

Iniciativa Xove naceu no ano 2010 como unha medida pioneira a nivel de toda España, sendo a edición que hoxe se convoca a décimo terceira. Ata a actualidade, a Xunta de Galicia leva investido 6,3 millóns de euros neste programa de axudas, que facilitou o financiamento dun total de 1507 proxectos xuvenís. Esta iniciativa beneficiou directamente como promotores dos proxectos a máis de 7500 mozas e mozos.

Nova convocatoria de iniciativa Xove
Comentarios