martes. 07.05.2024

Nenos saharauís pasarán este verán en Galicia con familias de acollida

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu no aeroporto de Peinador, en Vigo, a un grupo de nenos e nenas saharauís que chegaron a Galicia para pasar o verán con familias de acollida, no marco do programa ‘Vacacións en Paz’ polo que 232 nenos desa procedencia pasarán a época estival con unhas 200 familias de acollida procedentes de ata 86 municipios galegos.
No programa participan este ano 232 nenos que serán acollidos por case 200 familias procedentes de 86 municipios galegos.

Rueda destaca o compromiso e a solidariedade das familias galegas, que se demostra, un ano máis, ao contribuír a que estes nenos e nenas desfruten do verán galego e teñan unha experiencia que lembrarán para sempre. Neste senso, comprometeuse a dispensarlle ás familias de acollida todo o apoio que precisen.

O presidente da Xunta intercambiou palabras agarimosas cos pequenos, interesándose por como fora a viaxe e as expectativas e ilusións que teñen para estas semanas en territorio galego, ademais de reiterarlles que Galicia “é a vosa casa”. Algúns veñen por primeira vez e outros repiten experiencia de anos anteriores.

RECEPCIÓN

Logo da benvida no aeroporto, os nenos saharauís que teñen como destino algún dos concellos da provincia da Coruña, desprazáronse ao Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela, onde os agardaba a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, para reiterarlles o desexo de que teñan unha boa estancia en Galicia.

A conselleira agradeceu o labor indispensable das familias que deciden “acoller nos seus fogares e nos seus corazóns” a estes nenos e nenas e que son “a alma deste programa”, e tamén tivo palabras de agradecemento para a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, a quen destacou como o gran motor da iniciativa.

Fabiola García salientou que estas actuacións deixan claro que Galicia é unha terra solidaria con aqueles que o precisan, como se demostrou, por exemplo, na crise de refuxiados afgáns, coa axuda ás familias que foxen da Ucraína e agora, un ano máis, acollendo a estes nenos para que poidan pasar unhas vacacións en paz.

Nenos saharauís pasarán este verán en Galicia con familias de acollida
Comentarios