viernes. 01.03.2024

Museo Massó será unha referencia de primeiro nivel no patrimonio mariñeiro

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o Museo Massó de Bueu, no que a Xunta de Galicia está levando a cabo obras de ampliación e mellora cunha achega de 1,1 M€. Trátase dunha actuación que, segundo destacou o responsable autonómico de Cultura, permitirá situar a este museo no ano 2024 como “unha referencia de primeiro nivel na conservación e divulgación do patrimonio mariñeiro”.
Os traballos, actualmente en execución, contan cun orzamento de 1,1 M€ e permitiran engadir as antigas naves do complexo conserveiro ao proxecto expositivo.

“Os traballos que estamos levando a cabo suporán un antes e un despois para Bueu e para toda Galicia ao recuperar unha edificación histórica que é un símbolo para esta vila e incorporar novas zonas de visita ao museo”, destacou o conselleiro. Neste senso, precisou que o proxecto tamén posibilitará sumar valiosos fondos para a visita pública. “Son obxectos de gran valor que actualmente permanecen gardados e que en moitos casos están relacionados coa figura de Urbano Lugrís, do que conmemoraremos o 50 aniversario do seu falecemento o vindeiro 23 de decembro”, explicou.

Tal e como detallou o conselleiro esta é unha actuación complexa debido ao traslado de pezas como embarcacións, á dificultade de instalar maquinaria ou pola necesidade de contar coa colaboración de arqueólogos e a realización de catas. En concreto, foron trasladadas 11 embarcacións de gran tamaño e antigüidade e localizáronse 54 pesos empregados para a maduración do anchoado que quedarán depositados no propio museo.

Un dos obxectivos destas obras actualmente en marcha é resolver os problemas da envolvente do edificio e do acondicionamento das salas. Para iso, estase actuando sobre as cubertas e a fachada á praza Massó, así como na Sala Lugrís e Salgadura Piñeiro e nas naves da antiga conserveira e de atadores para mellorar as condicións de accesibilidade e seguridade.

RECUPERAR AS ESTRUCTURAS ORIXINAIS

En concreto, no primeiro andar o obxectivo é recuperar a estrutura da antiga salazón da Salgadura de Piñeiro para poñer en valor as estruturas orixinais de pedra ao tempo que se mellora a ventilación natural do espazo substituíndo os peches de vidro por reixas. Ademais, na fachada cara a rúa Montero Ríos reporase a estrutura de madeira da zona balconada e tratarase a fachada de pedra.

No segundo andar, pola súa parte, a actuación pretende recuperar o espazo orixinal da antiga tribuna e acondicionalo para que sirva de sala permanente dedicada a Urbano Lugrís. Isto permitirá mostrarlle ao público fondos como a serie de seis pinturas de gran formato realizada nos anos 40 para o comedor das traballadoras da conserveira e que ocupa cerca de 300 metros lineais.

O proxecto complétase nas antigas conserveiras, onde se fará unha posta en valor da estrutura da cuberta realizada con eucalipto e pino para incorporala ao discurso expositivo mediante unha zona acristalada que permita facer visible a estrutura desde a sala de exposicións temporais. Tamén se construirá unha nova fachada de cara a Praza Massó e habilitarase unha nova sala de incendios. Finalmente, está previsto mellorar a accesibilidade tanto á Casa Mariñeira como ás diferentes zonas visitables.

Museo Massó será unha referencia de primeiro nivel no patrimonio mariñeiro
Comentarios