Mostra do Encaixe, exemplo de actualización dos oficios artesanais tradicionais

Camariñas, pueblo marinero, famoso por sus encajes de bolillos, de forma tradicional.
Como cada ano, na programación da Mostra os desfiles de moda teñen especial protagonismo, entre os que se atopan o Desfile de Noveis Deseñadores, o de firmas de moda, o desfile Reencáixame – novidade desta edición na que os deseñadores deberán reinterpretar coleccións non actuais empregando encaixe de Camariñas – ou o desfile ArteEncaixe, no que se amosa o encaixe desde a perspectiva doutras disciplinas da artesanía.

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron hoxe na inauguración da XXXIII edición da Mostra do Encaixe, que se celebra en Camariñas ata o día 31 de marzo. Na súa intervención, Heredia destacou o papel deste evento como exemplo de conservación, reinterpretación e actualización continua dun oficio tan tradicional en Galicia como é o do encaixe, e da súa incorporación a outros ámbitos entre os que destaca o da moda.

A Xunta colabora habitualmente neste evento que está organizado polo Concello de Camariñas e pola Deputación da Coruña, e que está consolidado como un escaparate do encaixe e da súa vinculación con outros ámbitos entre os que destaca o da moda, así como un motor de dinamización económica e turística da zona que proxecta a imaxe de Galicia e dos seus oficios artesanais no exterior.

Como cada ano, na programación da Mostra os desfiles de moda teñen especial protagonismo, entre os que se atopan o Desfile de Noveis Deseñadores, o de firmas de moda, o desfile Reencáixame – novidade desta edición na que os deseñadores deberán reinterpretar coleccións non actuais empregando encaixe de Camariñas – ou o desfile ArteEncaixe, no que se amosa o encaixe desde a perspectiva doutras disciplinas da artesanía. Na edición deste ano, contarase coa participación de obradoiros inscritos na marca Artesanía de Galicia como Estilo Aramar (tocados e sombreiros), Lola Logaro (calceta e gancho), Mar Barral (cerámica), Suso Calo (xoiería), Ondas do Mar (encaixe), ou os obradoiros de olería de Buño Alfarería Rulo e Feituras.

Heredia sinalou tamén a importancia de Camariñas como catalizador do talento mozo e da remuda xeracional nun dos oficios máis tradicionais de Galicia, onde se está a facer unha forte aposta por amosarlle ás novas xeracións as técnicas desta arte a través das Escolas Municipais de Palillo que tamén terán o seu espazo no programa da Mostra.

No evento contarase tamén con demostracións en vivo, obradoiros de encaixe, actuacións musicais e mostradores de exposición e venda, entre os que se atopan 11 delegacións internacionais procedentes de Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Italia, Polonia, Portugal ou República Checa. O evento abre hoxe as súas portas de 15:00 a 21:00h, o xoves 28, o venres 29, o sábado 30 e o domingo 31 de marzo, en horario de 11:00 a 21:00 horas.