martes. 23.04.2024

Esta mañá, na coruñesa Sede de Afundación, a Obra Social de ABANCA, falouse en ucraíno. Un total de medio centenar de nenos e adultos, de familias ucraínas refuxiadas en Galicia, déronse cita nunha visita especial á mostra «AI: More than Human», grazas á colaboración de Afundación e AGA-Ucraína, e co gallo da celebración doa Nadal que, nese país, se conmemora o 7 de xaneiro. Ambas as institucións estiveron representadas por Pilar Alves, coordinadora xeral de RSC e Institucional de Afundación, e Natalia Afonina, presidenta de AGA-Ucraína.

Medio centenar de menores e adultos de Ucraína celebran o Nadal do seu país na sede de...
Comentarios