jueves. 18.07.2024
IV CONGRESO MEDIOS DE COMUNICACIÓN E IGUALDADE DE XÉNERO DA APG

"Si hubiera más mujeres en la política internacional y ministras de Defensa, tendríamos menos guerras y sociedades más pacíficas”, afirma a expresidenta da Asamblea General da ONU

Na apertura do evento, organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG), coa colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, tamén interveniron a súa decana, Ana Isabel Rodríguez, e a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia, María Méndez.

A expresidenta da Asamblea General da ONU María Fernanda Espinosa e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, inauguraron a primeira hora desta mañá, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago (USC), o IV Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero da APG.

Na apertura do evento, organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG), coa colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, tamén interveniron a súa decana, Ana Isabel Rodríguez, e a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia, María Méndez.

A expresidenta da Asamblea General da ONU asegura que “desde la pandemia se ha perdido toda una generación de mujeres, y 46 años, para alcanzar el objetivo de la igualdad de género plena”

Na súa intervención, María Fernanda Espinosa mostrouse “convencida de que, si hubiera más mujeres en la política internacional y ministras de Defensa, tendríamos menos guerras y sociedades más pacíficas”. “Hay 35 países en conflicto en el mundo”, engadiu, “y la voz de las mujeres está ausente o silenciada, como, por ejemplo, en las negociaciones para la paz en Ucrania o en las conversaciones en Afganistán con los talibanes”.

A expresidenta da ONU lembrou que, segundo o Foro Económico Mundial, “ahora serán necesarios 146 años para alcanzar la igualdad de género plena, por lo que se han perdido 46 años debido a la pandemia, ya que las mujeres han tenido que estar en la primera línea de esa lucha… toda una generación de mujeres perdida”. “Las mujeres estamos subrepresentadas en todos los espacios de poder y, sobrerrepresentadas, en todos aquellos trabajos de cuidado de la sociedad y peor remunerados”, afirmó.

Segundo a conselleira María Jesús Lorenzana “os medios de comunicación, a sociedade e os gobernos temos que buscar unha mensaxe única na procura da igualdade de xénero”

Pola súa banda, a conselleira María Jesús Lorenzana indicou que “tanto os medios de comunicación, como a sociedade e os goberno, temos que buscar unha mensaxe única na procura da igualdade de xénero”. E destacou varias das actuacións do Executivo galego nesa meteria como o recente recoñecemento da explotación sexual como unha forma de violencia de xénero, o VIII Plan Estratéxico da Igualdade das Mulleres 2022-2027, que aprobaron este ano, o Plan Galego contra a Trata ou o III Programa de Muller e Ciencia, así como que a Xunta está a piques de aprobar o Plan Galego de Muller e Corresponsabilidade.

Lorenzana indicou que “necesitamos seguir traballando nesta liña, porque a violencia contra as mulleres só pode merecer o repudio da sociedade… esta loita é unha cuestión de Estado”. E salientou o “importantísimo papel” que teñen os medios de comunicación, ao tempo que animou aos estudantes de xornalismo -moitos deles, presentes no auditorio-, e chamou a atención sobre a necesidade de que conten cun pensamento crítico.

A experiencia das correspondentes de guerra

No IV Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero tamén participaron destacadas correspondentes de guerra: Mayte Carrasco, mellor correspondente no estranxeiro 2012 polo Club Internacional de Prensa (CIP), Marian Serén (RTVE), Leticia Álvarez (ex correspondente de Antena3-Onda Cero) e Sara Rincón (La Sexta).

Carrasco afirmou que “es necesario que nos llamen a los foros por expertas -por ejemplo, yo, en geopolítica y política árabe-, no por ser mujeres”. “He recibido múltiples premios, pero ustedes conocen a Jon Sistiaga, y a mí no, cuando yo fui la Sistiaga de Afganistán”. “En los conflictos hay que cambiar la narrativa de la mujer víctima y sufriente, porque también hay mujeres que luchan y heroínas, pero están desaparecidas del relato periodístico”.

Na xornada tamén participaron destacadas correspondentes de guerra e a presidenta do Consejo de Género da Federación Internacional de Prensa (FIP)

Marian Serén, que relatou a súa experiencia nos países fronteirizos a Ucraína no comezo da invasión rusa, sinalaou que “no debemos olvidar que las víctimas de las guerras también tienen derechos,” en engadíu que “no ayuda nada que cada vez haya más medios en las guerras, más obsesión por los directos y más competencia”. “Los nuevos periodistas deben plantearse qué tipo de periodistas quieren ser, deben buscar siempre su responsabilidad y su honestidad”.

Leticia Álvarez afirmou que “las mujeres no nacen víctimas pero, además, no sólo somos víctimas en los conflictos; por ejemplo, la maternidad y la conciliación, te paraliza y penaliza, se sufre mucho”. “Las mujeres que están en la primera línea durante las guerras, no están cuando finalizan, ni en los procesos de paz, ni en los de reconstrucción”. “Los periodistas deben realizar una labor en ese sentido”.

Por último, Sara Rincón denunciou o “machismo y paternalismo hacia las mujeres, simplemente por acudir a una zona de conflicto y una de las principales misiones del periodista es empezar a ponerle nombre a todo esto; a mí, por ejemplo, me pasó por ser mujer, joven y pequeña de estatura”. “Yo apuesto por un periodismo transmedia porque en las redes sociales caben cosas que no caben en la escaleta de un informativo de televisión, pero me suelen llover críticas en las redes por cuestiones únicamente estéticas, y no por mi forma de ejercer el periodismo o por la calidad de la información”.

O Congreso incluíu un panel-coloquio de televisións, e outro, de medios dixitais  

A xornada  tamén incluíu dous paneis-coloquio, un de televisións e outro de medios dixitais, así como unha conferencia de María Ángeles Samperio, presidenta do Consejo de Género da Federación Internacional de Prensa (FIP).

Samperio fixo un percorrido histórico do papel das mulleres correspondentes de guerra e sinalou que “no es nada nuevo que las mujeres estén en zonas de conflicto ya que, desde el principio mostraron interés, como las 200 mujeres de más de una decena de países que vinieron a España a cubrir la Guerra Civil”. Samperio destacou o papel da Federación Internacional de Prensa (FIP) no apoio ás mulleres que exercen como correspondentes, pero tamén lembrou que “las mujeres se juegan la vida, no sólo en los frentes de guerra”.

O Congreso, que foi clausurado polo reitor da Universidade de Santiago, Antonio López Díaz, que indicou que “esta reflexión (o Congreso) aínda é necesaria, porque unha cousa é a igualdade formal e normativa, e outra, a real”, contou coa participación como moderadores e presentadores de varios profesores e alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación compostelá.

"Si hubiera más mujeres en la política internacional y ministras de Defensa, tendríamos...
Comentarios