miércoles. 24.04.2024

O hidróxeno verde, se se alcanzan os 500MW instalados en 2030, permitiría obter 100.000 toneladas ao ano

O vicepresidente primeiro puxo en valor a importancia de crear sinerxías e traballar de xeito conxunto para avanzar na transición enerxética xusta e referiuse a oportunidade que o acordo representa para Navantia que, tras a súa aposta pola eólica mariña, conta agora coa posibilidade de seguir diversificando a súa actividade cara ao hidróxeno verde a través dunha planta de electrolizadores.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Ferrol ao acto de firma do acordo de colaboración entre Repsol e Navantia Seanergies.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou esta mañá en Ferrol que Galicia impulsa a Axenda Enerxética co obxectivo de aproveitar a oportunidade que supón o hidróxeno verde e alcanzar os 500MW instalados en 2030, o que permitiría obter 100.000 toneladas ao ano.

Conde participou na firma do acordo de colaboración entre Repsol e Navantia Seanergies do que asegurou que, xunto co proxecto de Reganosa e EDP nas Pontes, será unha peza clave dese futuro Hub para posicionar Galicia como referente nas novas fontes de enerxía renovable e na aposta polo binomio industria – sustentabilidade.

O vicepresidente primeiro puxo en valor a importancia de crear sinerxías e traballar de xeito conxunto para avanzar na transición enerxética xusta e referiuse a oportunidade que o acordo representa para Navantia que, tras a súa aposta pola eólica mariña, conta agora coa posibilidade de seguir diversificando a súa actividade cara ao hidróxeno verde a través dunha planta de electrolizadores.

Conde destacou que este acordo é un novo paso na reindustrialización da comarca, na que a Xunta leva tempo traballando a través de diferentes proxectos que están amosando interese por instalarse en Ferrolterra. Así, a planta das Pontes promovida por Reganosa e EDP Renovables xa se está tramitando como proxecto industrial estratéxico porque fará de Galicia unha rexión pioneira de hidróxeno verde. Unha iniciativa que vincula a Navantia pois o socio tecnolóxico do proxecto, Siemens Energy, realizará a ensamblaxe dos electrolizadores na fábrica de turbinas do estaleiro.

O hidróxeno verde, se se alcanzan os 500MW instalados en 2030, permitiría obter...
Comentarios