domingo. 28.04.2024

ExpoBus Iberia, máis de 2.000 visitantes mayoritariamente de España y Portugal

A III Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2023, pechou hoxe as súas portas tras recibir a 2.048 visitantes, un 8,8% máis que na pasada convocatoria. Unha cifra relevante tendo en conta a especificidade do sector e o carácter altamente técnico de certame. Estes visitantes, que destacaron polo seu perfil profesional, procedían na súa inmensa maioría de España e Portugal, aínda que tamén se rexistraron algúns asistentes doutros países, en moitos casos convidados polas empresas.
Público na feira.
Público na feira.

A III Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2023, pechou hoxe as súas portas tras recibir a 2.048 visitantes, un 8,8% máis que na pasada convocatoria. Unha cifra relevante tendo en conta a especificidade do sector e o carácter altamente técnico de certame. Estes visitantes, que destacaron polo seu perfil profesional, procedían na súa inmensa maioría de España e Portugal, aínda que tamén se rexistraron algúns asistentes doutros países, en moitos casos convidados polas empresas.

Durante tres días os asistentes puideron coñecer as últimas tendencias e novidades no sector, tanto en vehículos como en equipamento, sistemas, servizos e solucións tecnolóxicas de 130 firmas de 18 países, as cales estiveron representadas por 63 expositores directos de España, Portugal, Polonia, Países Baixos, Irlanda e Australia. Unhas cifras que dotaron ao certame de maior carácter internacional, xa que estes expositores directos procedían do dobre de países que na pasada cita, sendo os estranxeiros un 133% máis que entón.

Entre estes expositores de ExpoBus Iberia, que desde a súa pasada convocatoria é a segunda maior feira do sector a nivel nacional, estiveron moitas das principais empresas fabricantes e carroceiras do sector do autobús, ademais de numerosas compañías relacionadas coa industria auxiliar. Eficiencia, sustentabilidade, seguridade, accesibilidade ou dixitalización foron aspectos que destacaron na exposición.

Estas empresas trasladaron maioritariamente á organización unha opinión moi positiva do certame e o cumprimento das súas expectativas, destacando en moitos casos o peche durante o certame de interesantes negocios e mostrando a súa intención de estar de novo presentes na vindeira convocatoria. Propósito que tamén expresaron distintas empresas que nesta ocasión acudiron á feira como visitantes, pero que pretenden participar como expositores na seguinte cita debido á súa boa impresión.

O certame foi inaugurado o pasado xoves polo presidente a Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, quen eloxiou que Expobus sitúe a Galicia como escaparate a nivel nacional e internacional de todas as novidades relacionadas con este sector. No acto estivo acompañado da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ademais doutras autoridades.

UN PROGRAMA DE PRIMEIRO NIVEL

ExpoBus Iberia 2023 ofreceu un atractivo programa de actividades, destacando as propostas técnicas pero contando ademais con algunhas máis lúdicas.

En canto ás súas xornadas, abríronse o primeiro día co director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro, e cos presidentes das tres principais asociacións nacionais de transporte de viaxeiros, a Asociación Nacional de Empresarios de Transporte en Autocares (ANETRA); a Confederación Española de Transporte en Autobús (CONFEBUS), e a Asociación de Empresas de Autocares (DIREBUS). Os tres presidentes falaron sobre a situación do sector en España.

Ese mesmo día expertos de Marrocos, Países Baixos, Portugal e España trataron o transporte discrecional de viaxeiros nos seus países, ademais de celebrarse un relatorio orientado a axudar ás empresas para dirixir, motivar e comprometer aos seus equipos.

Onte as xornadas centráronse no transporte a demanda e a reestruturación de débedas e beneficios da nova lei concursal, mentres que hoxe abordaron a situación da profesión do condutor de autocar en España e a mobilidade urbana como un negocio, centrándose nos grandes operadores globais que operan con distintos sistemas como bicis, patinetes, loxística ou sharing (mobilidade compartida).

Outra interesante proposta foi o concurso “Mellor Condutor/a de Autocares de España 2023”, con Man Truck & Bus como patrocinador principal e con Irizar, o Sindicato Libre de Transporte (SLT), Lextransport e Universidade de Valladolid como patrocinadores da entrega de premios. O gañador foi Manuel Rodríguez, de Benavente (Zamora), o cal desenvolve a súa actividade na empresa Autocares Vaquero. O segundo posto foi para Roberto Carlos Cancela, de Tordoia (A Coruña), que traballa en Aulusa Santiago, mentres que o terceiro obtívoo Rubén Álvarez, de Vigo (Pontevedra), que exerce a súa actividade en Autos Álvarez. Competiron cerca de setenta condutores e condutora de Galicia, Asturias, Estremadura, Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Baleares e Canarias, os cales foron avaliados en distintos aspectos teóricos e prácticos, como a suavidade na condución, a anticipación, a habilidade ou os hábitos.

Tamén dentro do programa máis profesional da feira incluíuse un circuíto de probas no que os visitantes tiveron a posibilidade de probar un autobús 100% eléctrico. Ademais, numerosos expositores fixeron presentacións e levaron a cabo asembleas de asociados por parte de entidades deste ámbito.

En canto ás actividades máis lúdicas, destacou unha exposición de clásicos na que puideron verse desde un dos primeiros autobuses do mercado, un Ford T de 1908, ou un autobús de 1935 que é o único do seu modelo que se conserva, ata pioneiros como un vehículo que se presentou no salón de Xenebra de 1955 como o primeiro autobús compacto ou vehículos de luxo desde a década dos corenta con orixinais extras da época. Estas auténticas xoias sobre rodas pertencen a seis empresas: Empresa Cuiña e Transportes Mosquera (grupo Autocares Rías Baixas), Autocares Lázara, Autocares Meijide, Empresa Lázara e Autocares de Santiago.

ExpoBus Iberia, máis de 2.000 visitantes mayoritariamente de España y Portugal
Comentarios