domingo. 21.04.2024

A economía galega medrou no ano 2023 un 1,8%, segundo se desprende do informe de contabilidade trimestral referente ao cuarto trimestre do ano pasado, publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Deste xeito, cúmprese a revisión á alza das previsións macroeconómicas feita polo Goberno galego o pasado mes de outubro, proba do realismo e a prudencia nas estimacións dos orzamentos autonómicos. Ademais, Galicia encadea xa tres anos de crecemento logo da pandemia.

O informe mostra tamén que no 4º trimestre do ano, o PIB aumentou un 1,8% con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior e que en canto á evolución intertrimestral, a taxa do PIB autonómico situouse no 0,8%.

Desde o punto de vista da demanda, no ano 2023, a demanda externa achegou 1 punto porcentual, cun crecemento do 1,5% das exportacións, mentres a demanda interna achegou 0,8 puntos porcentuais. No que respecta á oferta, o sector da industria creceu un 2,5%; e os servizos medraron un 2,3%, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalería (4,3%).

No conxunto do ano 2023, os postos de traballo equivalentes a tempo completo aumentaron un 2,0% en Galicia o que supón un incremento de 19.989 postos respecto ao ano anterior.

A economía galega medrou un 1,8% no ano 2023
Comentarios