viernes. 26.04.2024

A DXT inicia este luns unha campaña especial de vixilancia e control das condicións dos vehículos

A Delegación do Goberno en Galicia informa do inicio dunha campaña especial de control das condicións dos vehículos. Esta campaña de vixilancia comeza este luns 5 e estenderase ata o próximo domingo día 11. Durante estas xornadas, e baixo a coordinación da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil comprobarán as condicións de seguridade dos vehículos, como son os pneumáticos, as luces ou modificacións da dirección ou outras non autorizada.

Tamén revisarán a carrocería dos mesmos, incidindo especialmente nas condicións das lúas, espellos retrovisores, placas de matrícula, enganches para remolques, tuneados e calquera outra reforma que poida incidir na seguridade dos mesmos ou non fose autorizada.

Por outra banda, prestarase atención á obriga de portar a documentación básica do vehículo á marxe do permiso de conducir, como é o permiso de circulación, a tarxeta da inspección técnica do vehículo así como a pegatina de dita inspección visible.

Dende a DXT faise especial fincapé en que a antigüidade do vehículo está relacionada co seu nivel de seguridade. O risco de morte ou de resultar ferido grave increméntase cantos máis anos teña. Ademais as deficiencias no sistema de freado, suspensión ou dirección dos pneumáticos fan que un vehículo sexa máis propenso a sufrir un sinistro xa que existe unha relación directa entre a antigüidade do vehículo implicado no accidente e o seu estado de inspección técnica.

CAMPAÑA  ANTERIOR
Na campaña equivalente de control de condicións dos vehículos realizada en outubro do ano pasado no total de Galicia controláronse 30.015  vehículos, dos que 1.284  foron denunciados.
Por provincias, na Coruña controláronse 7.739 vehículos  e se formularon  390 denuncias; en Lugo foron  13.327 os vehículos controlados  e 339 as denuncias interpostas; en Ourense, controláronse 4.242 vehículos e denunciáronse 255 mentres que en Pontevedra a DXT controlou 4.707 vehículos dos que 300 foron denunciados.

Nos casos dos turismos os defectos máis habituais que se detectan nos controis refírense a aspectos relacionados co eixo, rodas e suspensión así como o alumeado e sinalización En canto as motocicletas os defectos graves identifícanse co alumeado, sinalización, chasis e carrocería.

A DXT inicia este luns unha campaña especial de vixilancia e control das condicións dos...
Comentarios