miércoles. 13.11.2024

As distraccións ao volante e a velocidade inadecuada están detrás de 7 de cada 10 accidentes con vítimas que se producen en Galicia

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, valorou os datos de sinistralidade viaria en Galicia nos meses de xullo e agosto, con dous falecidos menos que en 2022. En total, foron 14 persoas as que perderon a vida neste período, fronte ás 16 do ano anterior, un descenso que tamén se viu reflectido na sinistralidade, con 453 accidentes con vítimas neste período, fronte aos 517 do ano anterior (-12,38%). O único dato que aumentou foi o de persoas feridas graves, que pasou de 63 en 2022 a 76 en 2023 (20,6%).

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, valorou os datos de sinistralidade viaria en Galicia nos meses de xullo e agosto, con dous falecidos menos que en 2022. En total, foron 14 persoas as que perderon a vida neste período, fronte ás 16 do ano anterior, un descenso que tamén se viu reflectido na sinistralidade, con 453 accidentes con vítimas neste período, fronte aos 517 do ano anterior (-12,38%). O único dato que aumentou foi o de persoas feridas graves, que pasou de 63 en 2022 a 76 en 2023 (20,6%).

Con todo, o delegado do Goberno, Pedro Blanco, tras coñecer o balance provisional da Dirección Xeral de Tráfico, fixo un chamamento á prudencia e a “consolidar unha cultura da mobilidade segura” para seguir mellorando estas cifras. “Non podemos dar nin un paso atrás. O noso obxectivo segue ser reducir a sinistralidade mortal e grave nun 50% de aquí a 2030. Non podemos relaxarnos”, insistiu.

Precisamente, a relaxación ao volante e no cumprimento das normas de seguridade viaria están detrás da maioría dos sinistros con vítimas que se rexistraron entre xullo e agosto nas estradas galegas. Entre as causas principais figuran a condución distraída (46,15%), a velocidade inadecuada (23,08%) e a fatiga e o sono (15,38%).

A totalidade dos sinistros con vítimas rexistráronse en vías interurbanas e estradas convencionais. A diferencia dos últimos anos, non houbo que lamentar falecementos en autopistas e autoestradas. Tamén houbo un descenso nos movementos de longo percorrido na comunidade, cun total de 7.210.520 entre xullo e agosto deste ano, un 6% menos que en 2022.

Usuarios vulnerables 
Os usuarios vulnerables (1 ciclomotor e 5 motoristas) representan o 43% da accidentalidade mortal estival en Galicia. Respecto aos sistemas de seguridade, cabe destacar que un dos condutores falecidos non facía uso do cinto de seguridade, mentres que o condutor do ciclomotor non levaba abrochado o casco.

“Cómpre respectar as normas, porque un pequeno xesto tan sinxelo como levantar o pé do acelerador, pór o cinto de seguridade ou abrochar o casco poden salvar moitas vidas”, indicou o delegado, que fixo un chamamento especial á xente nova, pois 9 dos falecidos nas estradas galegas este verán tiñan entre 15 e 34 anos. Por primeira vez nos últimos cinco anos non houbo vítimas maiores de 65 anos.

Por provincias, A Coruña (201) e Pontevedra (166) rexistraron o maior número de sinistros con vítimas, mentres que en Lugo e Ourense producíronse 37 e 49 respectivamente. Porén foi nestas provincias onde se rexistrou o maior número de vítimas mortais, 5 en Lugo e 4 en Ourense, por 3 en Pontevedra e 2 na Coruña. En canto aos feridos graves, na Coruña contabilizáronse 35, por 15 en Pontevedra e 13 en Lugo e Ourense. 

DATOS ESTATAIS

No conxunto do país, o número de vítimas mortais en sinistros viarios durante os meses de xullo e agosto ascendeu a 234 persoas, 7 máis que en 2022. Nestes meses, producíronse 93,6 millóns de desprazamentos de longo percorrido por estrada, un 0,3% máis que o verán pasado, unha cifra que é a maior rexistrada da serie histórica.

Sinistralidade provisional
Nos oito primeiros meses do ano faleceron en sinistros de tráfico 739 persoas, 19 menos que no mesmo período de 2022. Marzo, abril e agosto foron os meses que peor comportamento tiveron en comparación co ano pasado.

A información que se emprega para a elaboración do informe e os que constan nesta nota de prensa son datos provisionais de accidentes en estrada nos meses de xullo e agosto. O cómputo de falecidos realízase durante as 24 horas seguintes ao accidente e a información foi facilitada polos axentes encargados da vixilancia e control do tráfico e polos servizos autonómicos con competencias na materia.

As distraccións ao volante e a velocidade inadecuada están detrás de 7 de cada 10...
Comentarios