jueves. 25.04.2024

Día de Europa coa mocidade portuguesa

A visita realizouse hoxe no marco do Día de Europa, na que o director xeral se referiu aos valores compartidos por España e Portugal dende o momento de adhesión polos dous Estados Membros en 1986 e á importancia da cooperación transfronteiriza para apuntalar o proceso de integración da Unión Europea.
11,00 h.-          O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibirá a un grupo de mozos e mozas do Conselho Municipal da Juventude do municipio de Ponte da Barca, no marco dos actos de celebración do Día de Europa.  

foto xoán crespo
11,00 h.- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibirá a un grupo de mozos e mozas do Conselho Municipal da Juventude do municipio de Ponte da Barca, no marco dos actos de celebración do Día de Europa. foto xoán crespo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, recibiu hoxe  ao vicepresidente do municipio portugués de Ponte da Barca, José Alfredo Pereira Bastos Oliveira, acompañado dunha delegación de mozos e mozas da súa localidade.

A visita realizouse hoxe no marco do Día de Europa, na que o director xeral se referiu aos valores compartidos por España e Portugal dende o momento de adhesión polos dous Estados Membros en 1986 e á importancia da cooperación transfronteiriza para apuntalar o proceso de integración da Unión Europea.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse cunha delegación de mozos e mozas da municipalidade portuguesa de Ponte da Barca para celebrar o Día de Europa.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse cunha delegación de mozos e mozas da municipalidade portuguesa de Ponte da Barca para celebrar o Día de Europa.

Jesús Gamallo, tamén advertiu que os valores propios da Unión Europea, como as liberdades públicas, o Estado de Dereito, a democracia e os Dereitos Humanos, non deben darse por entendidos, senón que é necesaria a súa defensa activa nunha Europa máis unida de cara á súa actuación na escena internacional.

Día de Europa coa mocidade portuguesa
Comentarios