martes. 28.05.2024

A DGT comezá en Galicia unha campaña de control e vixilancia do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil

A Delegación do Goberno en Galicia informa de que a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) iniciará desde mañá, luns 11 de marzo, unha campaña especial de control e vixilancia sobre o uso do Cinto de Seguridade e Retención Infantil (SRI), que se estenderá ata o próximo domingo 17 de marzo. A Agrupación de Tráfico da Garda Civil, xunto coas policías municipais daqueles concellos que se sumen á iniciativa, levarán a cabo estes controis.

O obxectivo desta campaña é concienciar sobre a importancia do uso dos sistemas de retención homologados, cinto de seguridade e SRI. Segundo os últimos datos da DGT, en Galicia o 51% das persoas que faleceron en accidentes de tráfico en turismos ou furgonetas no 2023 non facían uso do cinto. Na provincia da Coruña elévase ao 57% esta porcentaxe.

Estes datos son especialmente preocupantes xa que o uso do cinto reduce á metade  o risco de falecemento en caso de accidente e nun 77% en caso de envorcar do vehículo. A capacidade de protección do cinto é igualmente efectiva respecto de todos os ocupantes, pasaxeiros que viaxen nos asentos dianteiros, e tamén nos asentos traseiros.

A campaña consistirá nun importante incremento dos controis coa utilización do máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles. Así mesmo, sempre que sexa posible, tanto os paneis de sinalización variable como as pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil advertirán aos condutores da existencia próxima de controis.

CAMPAÑA DO ANO PASADO
Na mesma campaña do ano pasado controláronse 68.016 turismos en Galicia dos cales 931 foron denunciados. En total dos 76.755 vehículos controlados (autobuses, turismos, taxis e de mercancías), 1.096 resultaron infractores.
 
TURISMOS

Unidade

Controlados

Denunciados

PM sector

10.692

78

A Coruña

17.856

308

Lugo

22.757

331

Ourense

9.918

94

Pontevedra

6.793

120

Total

68.016

931

TOTAL

Unidade

Controlados

Denunciados

PM sector

11.979

112

A Coruña

21.270

372

Lugo

24.044

371

Ourense

11.343

106

Pontevedra

8.139

135

Total

76.775

1.096

A DGT comezá en Galicia unha campaña de control e vixilancia do uso do cinto de...
Comentarios