sábado. 05.10.2024

Consecuencias da gratuidade das escolas infantís

Galicia foi pioneira este ano en aplicar a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos e volverá a ser pioneira o vindeiro curso 2022-23 coa ampliación desta gratuidade para todas as nenas e nenos de Galicia. Neste sentido, esta iniciativa representa un importante avance para o fomento da conciliación da vida familiar e laboral das familias, pero tamén para facer máis accesible esta etapa educativa.
A conselleira de Política Social e Xuventude participou esta mañá na inauguración das XIX Xornadas de Cece-Galicia.
A conselleira de Política Social e Xuventude participou esta mañá na inauguración das XIX Xornadas de Cece-Galicia.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García,  sinalou que a gratuidade das escolas infantís representa “un paso en firme” a favor da conciliación e da educación de 0-3 anos. Así o manifestou esta mañá durante a súa intervención na inauguración da XIX Xornada organizada por Cece-Galicia baixo o título ‘Desafíos e estratexias do novo cambio educativo’ na Cidade da Cultura.

A conselleira lembrou que Galicia foi pioneira este ano en aplicar a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos e volverá a ser pioneira o vindeiro curso 2022-23 coa ampliación desta gratuidade para todas as nenas e nenos de Galicia. Neste sentido, apuntou que esta iniciativa representa un importante avance para o fomento da conciliación da vida familiar e laboral das familias, pero tamén para facer máis accesible esta etapa educativa.

Fabiola García destacou que as escolas infantís son un espazo de aprendizaxe no que os máis pequenos da casa desenvolven destrezas e inician o seu camiño cara o coñecemento. Por ese motivo, a gratuidade que se aplicará en Galicia facilita o seu acceso e permitirá que ningunha familia decida se leva ou non o seu fillo a unha escola infantil por motivos económicos.

Consecuencias da gratuidade das escolas infantís
Comentarios