viernes. 26.04.2024

Concurso online sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán

Consiste en preguntas sobre o protagonista da celebración literaria deste ano, e cuxo premio son dúas estancias no Hotel Monumento Pazo do Castro de Valdeorras, comarca natal do poeta.  Para concursar, cómpre entrar aquí letrasgalegas.afundacion.org. O concurso desenvolverase seguindo os termos e condicións indicados nas bases, que tamén se poden consultar na web letrasgalegas.afundacion.org. A participación estará aberta desde o 13 de maio ás 11.30 h ata o 22 de maio ás 23.59 h, hora peninsular.

Gurriaran
Gurriaran

Afundación propón un concurso online baseado nunha serie de preguntas sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán. O concurso consta dun total de 23 cuestións directamente vinculadas coa vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, o autor celebrado no Día das Letras Galegas 2022, e conta con 3 opcións de resposta. Para que sirva de axuda, Afundación pon á disposición de quen participe unha biografía sobre el na web letrasgalegas.afundacion.org.

Para concursar, cómpre entrar aquí letrasgalegas.afundacion.org. O concurso desenvolverase seguindo os termos e condicións indicados nas bases, que tamén se poden consultar na web letrasgalegas.afundacion.org. A participación estará aberta desde o 13 de maio ás 11.30 h ata o 22 de maio ás 23.59 h, hora peninsular.

Quen obteña o maior número de respostas correctas, sempre superior a 11, conseguirá o premio dunha estancia para 4 persoas no establecemento de Turismo Rural Hotel Monumento Pazo do Castro, en Valdeorras, en réxime de aloxamento e almorzo, para gozar antes do 31 de decembro de 2022.

Caso de existir un empate, levarase a cabo un sorteo que determinará quen se alzará co premio.

Ademais, quen completen as 23 respostas do cuestionario, cun mínimo de 11 acertos, tamén participarán dunha sorpresa adicional: entrarán directamente no sorteo dun premio consistente nunha estancia para 2 persoas no establecemento de Turismo Rural Hotel Monumento Pazo do Castro en réxime de aloxamento e almorzo, para gozar antes do 31 de decembro de 2022.

Concurso online sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán
Comentarios