sábado. 20.04.2024

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a presidenta do Círculo Recreativo Cultural, Sonia Doval, asinaron a renovación da colaboración anual entre ambas entidades.

En base ao convenio formalizado, o Concello do Porriño aportará 20.000 euros para o desenvolvemento de actividades culturais programadas conxuntamente que se levarán a cabo nas instalacións do CRC.

“Dende a súa fundación o Círculo Recreativo Cultural é unha entidade pioneira na difusión e promoción de actividades culturais”, afirmou o rexedor, “A nosa aposta por satisfacer as inquedanzas culturais da veciñanza do Porriño require que sumemos esforzos con entidades como o CRC, con iniciativa e historia”.

O Concello do Porriño aportará 20.000 euros para o desenvolvemento de actividades...