viernes. 15.11.2024

As centrais hidroeléctricas lusas do Alto Tâmega e de Gouvâes, exemplo de almacenamento enerxético na transición cara a un modelo descarbonizado

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá en Portugal as centrais hidroeléctricas do Alto Tâmega e de Gouvâes que forman parte do sistema electroprodutor do Tâmega para coñecer de preto os traballos realizados por Iberdrola. 
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá en Portugal o sistema electroprodutor do Tâmega
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá en Portugal o sistema electroprodutor do Tâmega

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá en Portugal as centrais hidroeléctricas do Alto Tâmega e de Gouvâes que forman parte do sistema electroprodutor do Tâmega para coñecer de preto os traballos realizados por Iberdrola. Trátase dun proxecto constituído por tres presas, con 1.158 MW de potencia instalada, e con 880 MW para bombeo reversible.

O director xeral destacou que nun contexto no que cada vez existe unha maior presenza de enerxía procedente de fontes renovables no mix enerxético, é fundamental avanzar en sistemas de almacenamento, como baterías -para un almacenamento a curto prazo- ou centrais de bombeo, como sistema de almacenamento a medio-longo prazo e que favorezan a xestionabilidade das renovables.

Neste sentido, explicou que a aposta polo almacenamento enerxético está recollida na Axenda Enerxética de Galicia 2030 como unha das accións para favorecer a transición cara a un modelo descarbonizado.

As centrais hidroeléctricas lusas do Alto Tâmega e de Gouvâes, exemplo de almacenamento...
Comentarios