domingo. 26.05.2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, asinou hoxe o decreto de nomeamento dos membros do Executivo, que quedará conformado do seguinte xeito.

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo Pouso

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez Mejuto

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez González

Consellería de Política Social e Igualdade

Fabiola García Martínez

Consellería de Economía e Industria

María Jesús Lorenzana Somoza

Consellería de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos López-Prado

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

María Martínez Allegue

Consellería de Sanidade

Antonio Gómez Caamaño

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

José López Campos

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

José González Vázquez

Consellería do Medio Rural

María José Gómez Rodríguez

Consellería do Mar

Alfonso Villares Bermúdez

 

CV DOS NOVOS CONSELLEIROS

Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas: María Martínez Allegue

Pontevedresa de 46 anos, é licenciada en Dereito e funcionaria de carreira de administracion local con habilitación de carácter nacional, na subescala de secretaria-intervención.

Exerceu como secretaria-interventora no Concello de Lousame, secretaria nos Concellos de Tui e Mos e tesoureira no Concello de Marín.

Entre 2010 e 2015 foi directora xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), entre 2015 e 2023 xefa de área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) en Pontevedra e entre 2023 e 2024 xefa territorial de Infraestruturas e Mobilidade en Pontevedra.

Desde as últimas eleccións autonómicas, é deputada no Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra.

Conselleiro de Sanidade: Antonio Gómez Caamaño

Nado en Ferrol en 1962, é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Oviedo e especialista en Oncoloxía Radioterápica. Desde o 2013 é xefe de servizo de Oncoloxía Radioterápica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, servizo no que levaba traballando desde o ano 2000. Entre 2021 e 2023 foi presidente da Sociedade Española de Oncoloxía Radioterápica.

A súa actividade asistencial e investigadora céntrase no cancro xenitourinario, no de pulmón e na radioxenómica. Ten publicados máis de 100 artigos en revistas científicas indexadas, 25 capítulos e máis de 200 comunicacións e pósters en congresos nacionais e internacionais.

É profesor asociado na Universidade de Santiago de Compostela, docente en cursos en varias universidades españolas e poñente en 250 eventos científicos.

Participou tanto dentro do Sergas como a nivel nacional no desenvolvemento de vías clínicas, guías clínicas, documentos de consenso e plans estratéxicos.

Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude: José López Campos

Naceu en 1974 na Estrada.

Directivo no sector da banca, a súa traxectoria política comeza en 2003 ao ser elixido concelleiro na Estrada e ocupar os cargos de concelleiro de Industria e Comercio e tenente de alcalde. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PP e foi elixido alcalde da Estrada por maioría absoluta, resultado que revalidou nas convocatorias de 2015 e 2019.

Neste tempo tamén foi deputado no Parlamento de Galicia entre 2009 e 2011 e deputado provincial entre 2011 e 2015 e a partir de xullo de 2019.

Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración: José González Vázquez

Naceu en Ourense en 1970. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1997, ingresou no corpo superior de inspectores de Facenda do Estado, especializado en inspección financeira e tributaria e aduanas e impostos especiais.

Foi vogal nato do comité e do pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo desde 2009 a 2014; e representante da aduana española en diferentes comités de reforma do código aduaneiro comunitario en 2009. Ademais de membro de diferentes comisións da Autoridade Portuaria de Vigo para a coordinación dos controis do comercio exterior; profesor asociado do departamento de Dereito Financeiro, na Universidade de Vigo, desde 2002 a 2006; e docente especialista en materia de imposto sobre o valor engadido e comercio exterior e en contabilización de impostos.

Desde 2016 ata 2018, José González Vázquez foi deputado no Parlamento de Galicia, onde desempeñou funcións como: voceiro de Medio Rural do GPP; membro da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes; membro da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos; vicepresidente da Comisión Permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas e membro da Comisión Especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia.

Desde 2018 ata hoxe foi conselleiro do Medio Rural.

Conselleira do Medio Rural: María José Gómez Rodríguez

Naceu en Pradedo de Abaixo, Guntín (Lugo) en 1976. Licenciada en Filoloxía Inglesa e en Humanidades, desde 2008 é profesora de ensino secundario no ensino público, na especialidade de Inglés.

Desde 2019 é alcaldesa de Guntín e, despois das eleccións xerais de xullo de 2023, senadora pola provincia de Lugo.

Entre 2014 e 2017 foi vicedirectora do IES de Monterroso, no que coordinou a sección bilingüe. Entre 2017 e 2022  foi xefa de coordinación de Cultura en Lugo e entre 2022 e 2023 xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades na mesma provincia.

Catro novos conselleiros no goberno de Rueda
Comentarios