sábado. 20.04.2024

Campaña #IgualdadeFollowers, pioneira no uso de material audiovisual a través das redes sociais

Participaron dezasete destacados personaxes da nosa comunidade autónoma: o músico Daniel Minimalia; o actor Luis Zahera; os deportistas Javier Gómez Noya, Adiaratou Iglesias, Peque e Óscar Pereiro; o científico e investigador José Tubío; a produtora audiovisual Emma Lustres; o xornalista e escritor Manuel Jabois; a enxeñeira e investigadora Ana Freire; os influencer Omaira Marcos, Eva Porto, Paola Freire e Lara Lars; a CEO de Walamami, Natalia Álvarez; o enfermeiro, escritor e divulgador Héctor Castiñeira; e a escritora Nuria Pérez.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, e a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia (APG), María Méndez, presentarán o próximo venres, 1 de xullo, ás 12,00h, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, a segunda edición da campaña #IgualdadeFollowers, pioneira no uso de material audiovisual a través das redes sociais para a concienciación da necesidade de avanzar cara unha plena igualdade de xénero xa desde a infancia e a mocidade.

No acto, que conducirá a presentadora da Televisión de Galicia Marta Darriba, darase conta do contido desta segunda parte da iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e da APG, na que participaron dezasete destacados personaxes da nosa comunidade autónoma: o músico Daniel Minimalia; o actor Luis Zahera; os deportistas Javier Gómez Noya, Adiaratou Iglesias, Peque e Óscar Pereiro; o científico e investigador José Tubío; a produtora audiovisual Emma Lustres; o xornalista e escritor Manuel Jabois; a enxeñeira e investigadora Ana Freire; os influencer Omaira Marcos, Eva Porto, Paola Freire e Lara Lars; a CEO de Walamami, Natalia Álvarez; o enfermeiro, escritor e divulgador Héctor Castiñeira; e a escritora Nuria Pérez.

Ademais da conselleira e da presidenta da APG, na presentación intervirán varios dos participantes na campaña e proxectarase un breve vídeo demo, que recolle as achegas dalgúns dos protagonistas nesta segunda edición do proxecto #IgualdadeFollowers.

Campaña #IgualdadeFollowers, pioneira no uso de material audiovisual a través das redes...
Comentarios