domingo. 05.05.2024

Tráfico co obxectivo de diminuír o consumo de alcol e drogas ao volante. Ata o próximo domingo, 20 de agosto, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis de alcoholemia e presenza de drogas nas estradas de Galicia. Nesta iniciativa a DGT fomenta ademais a colaboración cos concellos das catro provincias para realizar probas en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de maior afluencia turística e de festas populares.

O alcol está presente como factor concorrente ou causante nun terzo dos accidentes mortais. A súa presenza na condución, dependendo da súa taxa, multiplica entre 2 e 15 o risco de sufrir un accidente. A única taxa segura é 0,0%. Non só está relacionado cunha maior accidentalidade, senón que tamén repercute nunha maior mortalidade, ao ser un factor vinculado cun peor prognóstico nas lesións sufridas.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Toxicoloxía referidos ao ano pasado  a nivel nacional, dos 854 condutores falecidos en accidente de tráfico e sometidos a autopsia e análise toxicolóxico, 443 resultaron positivos en alcol, drogas e psicofármacos, illadamente ou en combinación. O alcol segue sendo a substancia máis consumida polos condutores falecidos, seguido da cocaína e o cannabis, e en terceiro lugar, os psicofármacos.

CAMPAÑA DO ANO PASADO EN GALICIA

Na mesma campaña especial desenvolvida o ano pasado entre o 8 e o 14 de agosto, a Garda Civil realizou 41.519 controis de alcoholemia en Galicia, dos que 641 foron positivos. Tamén efectuou 224 controles de drogas, con 151 positivos. Ademais, a 34 condutores instruíronselles dilixencias para o seu posterior traslado á autoridade xudicial por delitos contra a seguridade viaria.
 

Campaña especial de la DGT de control de consumo de alcol e drogas en Galicia
Comentarios