jueves. 06.10.2022

‘Camiñando polo dano cerebral’

 ‘Camiñando polo Dano Cerebral’ está organizada pola Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) en Santiago de Compostela. A andaina, de cinco quilómetros, tivo lugar na Alameda e o Campus Sur de Santiago.

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou este domingo na andaina solidaria ‘Camiñando polo Dano Cerebral’ organizada pola Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) en Santiago de Compostela. Alí puxo en valor o traballo desta entidade por dar visibilidade ás persoas con dano cerebral.

O director xeral lembrou que o Goberno galego aposta sempre pola colaboración co tecido asociativo galego. Son eles os que están en contacto directo coas familias, resolven as súas dúbidas e necesidades e crean unha rede e unha sólida comunidade. A andaina, de cinco quilómetros, tivo lugar na Alameda e o Campus Sur de Santiago.

‘Camiñando polo dano cerebral’
Comentarios