viernes. 07.10.2022

Bonos dixitais para facilitar a contratación de banda larga a persoas vulnerables

esta liña de bonos vai contar cun orzamento de máis de 1,3 millóns de euros e busca facilitar que máis de 5.700 familias vulnerables poidan contratar servizos de internet de banda larga. Esta axuda forma parte dos fondos que o Goberno de España transfire a Galicia no marco do compoñente 15 Galicia do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea.
Close up of hands typing on laptop. Night work concept.
Close up of hands typing on laptop. Night work concept.

 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou na rolda de prensa do Consello que o Goberno galego autorizou hoxe a convocatoria dos bonos dixitais para facilitar a contratación de internet a persoas vulnerables, un servizo que na sociedade actual calificou de “esencial para a vida diaria” ao ser clave na inserción laboral ou na educación.

Rueda explicou que esta liña de bonos vai contar “cun orzamento de máis de 1,3 millóns de euros” e busca “facilitar que máis de 5.700 familias vulnerables” poidan contratar servizos de internet de banda larga. Esta axuda forma parte dos fondos que o Goberno de España transfire a Galicia no marco do compoñente 15 Galicia do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea.

A iniciativa, enmarcada no programa estatal Único Bono Social, permitirá a persoas ou familias vulnerables contratar ou mellorar a conexión á banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps, cunha minoración mensual de ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses, cun máximo de ata os 240 euros.

O Consello da Xunta aprobou hoxe a resolución para iniciar o proceso de inscrición das entidades colaboradoras, dirixido a operadores de telecomunicación e empresas que ofrezan servizos de internet. Unha vez que se publique no DOG a lista de entidades colaboradoras poderanse solicitar os bonos.

Con esta convocatoria a Xunta xa ten en marcha tres das catro medidas predefinidas polo Goberno de España para a mellora da conectividade no territorio no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a través do cal Galicia recibirá 19,1 millóns de euros para: reforzar a conectividade en áreas empresariais e centros loxísticos; a mellora da conectividade en centros públicos; axudas para o reforzo da conectividade en áreas de concentración empresariais e centros loxísticos de Galicia e a mellora das infraestruturas de telecomunicacións nos edificios. Esta última liña de axudas convocarase nas vindeiras semanas.

En total, o Estado destinará ás comunidades un 9 % dos máis de 4.000 millóns de euros do plan. O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital reserva, polo tanto, o 91 % dos fondos para resolver os problemas de conectividade fixa e sen fíos en todos os territorios e cumprir cos obxectivos que marca Europa. Entre eses obxectivos está o de que o 100 % da poboación teña acceso á banda larga de polo menos 100 Mbps.

Bonos dixitais para facilitar a contratación de banda larga a persoas vulnerables
Comentarios