sábado. 14.12.2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres dunha reestruturación mínima do goberno provincial motivada pola saída do xa exdeputado e novo conselleiro de Cultura, Política Lingüística e Xuventude da Xunta de Galicia, Jose López. As súas competencias, Cooperación Local e Emerxencias, asúmenas María Ramallo e Alejandro Lorenzo, respectivamente. Mentres que a súa substituta, Belén Cachafeiro, encargarase do departamento de Fondos Europeos, Innovación e Axenda Dixital, que ata agora xestionaba Ramallo. “Con estes axustes, queda configurado un equipo de enorme nivel para seguir transformando a provincia”, afirmou o presidente Luis López.

O mandatario provincial aproveitou a súa comparecencia para dar a benvida á nova deputada Belén Cachafeiro, que ocupará o lugar de Jose López ao figurar como suplente na lista do Partido Popular no partido xudicial de Deza-Tabeirós-Terra de Montes.

Así mesmo, o presidente da Deputación recoñeceu publicamente o “inmenso labor” desempeñado polo novo conselleiro como responsable das áreas de Cooperación Local e Emerxencias. “O +Provincia, o plan de obras e servizos máis alto da Deputación, coas súas novidades respecto á liña 4 de proxectos de futuro ou o criterio de reparto por reto demográfico leva a súa sinatura de xestión e talento, xunto cun talante que contribuíu a atopar saídas ás reclamacións dos bombeiros”, agradeceu Luis López.

“Galicia e a provincia necesitan xestores coa bagaxe contrastada de José López, así que desde aquí desexámoslle toda a sorte”, concluíu o presidente da Deputación.

Belén Cachafeiro incorpórase ao goberno provincial, no que María Ramallo asumirá...
Comentarios