jueves. 25.04.2024

A Xunta de Galicia ten aberta unha nova convocatoria de subvencións para promover o uso da lingua galega no ámbito local, para o que se destinan 350.000 euros. En concreto, as axudas buscan fomentar os servizos lingüísticos que se prestan á cidadanía, tanto para creación de novos como para manter ou reforzar os existentes. Tamén se destinan para promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega para o ano 2022 no ámbito local.

A orde de convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia marca como ámbitos estratéxicos de actuación para a promoción da lingua galega desde o tecido local o deporte, a mocidade, as TIC, o tecido económico empresarial, os servizos sociais e a perspectiva de xénero e igualdade entre homes e mulleres. Para estas axudas, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, destínanse por segundo ano consecutivo un total de 350.000 euros a gastos realizados entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2022.

Como en edicións anteriores a convocatoria outórgalle un incremento do 30 % na puntuación final ás solicitudes presentadas conxuntamente por varias entidades locais e requírese tramitación electrónica.

A convocatoria enmárcase nas accións de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Xunta, entre as que destacan a Rede de Dinamización Lingüística, que integra máis de 200 entidades, e os programas e as iniciativas asociadas a ela.

Axudas para promover o uso da lingua galega no ámbito local