jueves. 25.04.2024

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu aos actos polo centenario da Agrupación Rosalía de Castro de Madrid, vinculada ao Centro Gallego de Madrid, no que destacou a importancia que, durante todos estes anos, tivo na capital de España esta asociación para a promoción da cultura galega.

Ao longo do acto, no que tamén intervino a presidenta da agrupación, María Jovita Fernández Rodríguez, desenvolvéronse diversas actuacións, tanto galegas como asturianas e castellano-manchegas, xa que asistiron como invitados o Centro Asturiano e a Casa de Castilla-La Mancha en Madrid. Miranda trasladoulles o orgullo da Xunta de Galicia pola labor desta agrupación ao longo destes 100 anos, “converténdose nun referente da cultura galega en Madrid pero tamén nunha asociación esencial da vida da capital do Estado”.

Agrupación Rosalía de Castro de Madrid celebra o seu centenario
Comentarios