domingo. 13.10.2024

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe da aprobación do complemento extraordinario de 206 euros para os perceptores das pensións máis baixas. Un complemento do que se beneficiarán 38.500 galegas e galegos perceptores de pensións non contributivas, do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos.

Sobre este punto, Feijóo destacou a importancia desta axuda que beneficia a un colectivo que o necesita especialmente e lembrou que non todas as Comunidades Autónomas a manteñen ao non ser obrigatoria a súa existencia.

Ademais, explicou que estes 206€ serán ingresados de oficio e abonados nun único pagamento nos dez primeiros días do mes de xaneiro. Así se reflicte nos orzamentos de 2020 que contemplan unha partida destinada a esta finalidade.

En definitiva, a Xunta volve demostrar o seu compromiso coas persoas que máis o necesitan, na mesma liña, engadiu, que o novo decreto da Risga, que se aprobou a principios deste ano e supuxo: un incremento de contías, a flexibilización dos requisitos de vivenda e o reforzo do potencial desta renda social como ponte cara ao mercado laboral.

A Xunta aproba, un ano máis, o complemento extraordinario de 206 euros para os 38.500...