jueves. 05.12.2024

O Colexio de Arquitectos de Galicia, COG, entregou hoxe os décimo novenos premios para valorizar a arquitectura como conformadora do territorio galego entrega cada dous anos.

En Deseño urbano, paisaxismo e xardinería entregaronse dous premios: Rehabilitación da praza de Armas de Ferrol de Carlos Pita Abad e outro Urbanización da contorna do peto de ánimas de Piñeiro (Gondomar), Santos Vila González.

Na categoría de Investigación e Divulgación: tamén outros dous premios, Habitar el Agua, Andrés Patiño Eirín
e outro a Arquitectura e ilusión. Proyectar desde el Ingenius Loci de Óscar Pedrós Fernández.

O galardón ao Proxecto fin de carreira foi para Ramón López González por Centro Cultural y de Industrias Creativas Stadtlagerhaus, Alemaña.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou a calidade e variedade das obras premiadas na XIX edición do Premios COAG de Arquitectura, que son un recoñecemento ao traballo e potencial do sector en Galicia.

A conselleira de Medio Ambiente participou esta tarde na entrega destes galardóns, que convoca e concede o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Ángeles Vázquez indicou que as obras premiadas non só son unha contribución á arquitectura galega, senón que tamén posicionan a nosa Comunidade no mundo, e polo tanto os arquitectos galegos son un faro para todos os profesionais.

Nese sentido, salientou a traxectoria profesional e vital de César Portela, que recibiu o premio honorífico polo seu traballo, un arquitecto que acumula máis de 50 anos de experiencia combinando a innovación co respecto ao patrimonio natural e á contorna.

Por último, conselleira trasladou á profesión o apoio da Xunta de Galicia, que segue inmersa na tramitación da que será a primeira Lei de Arquitectura de Galicia, para darlle a esta disciplina o valor e a importancia que merece.

DELEGADO GOBIERNO

O delegado do Goberno, José Miñones, avanzou hoxe que o acceso á vivenda das mozas e dos mozos centrará as novas políticas que desenvolverá o Executivo en relación a este dereito. Expresouse así durante a gala de entrega de Premios do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrada no Pazo de Baión.

José Miñones explicou que a arquitectura é o mellor símbolo da reconstrucción que está plasmada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno. Nese sentido, detallou que este inclúe 6.820 millóns de euros para rehabilitación enerxética e integral de vivendas, edificios e barrios en áreas urbanas e rurais. “Servirán como alicerce do noso futuro e do das vindeiras xeracións”, engadiu.

Avanzou que o Goberno aprobará en outubro Plan Estatal para o Acceso á Vivenda 2022-2025. Unha estratexia por catro anos que incluirá medidas con marcado carácter social e pensará, en especial, nas mozas e nos mozos.
“Porque o acceso á vivenda dos máis novos é fundamental. E, entre todos os que estamos aquí, avanzaremos, con cooperación, para conseguilo”, insistiu.

“Este ano pechamos o anterior Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, que trouxo un investimento de 82,25 millóns de euros a Galicia. Renovamos, en colaboración coa Xunta, á que lle agradezo a súa disposición, milleiros de vivendas en toda a Comunidade. Logramos unha segunda vida para edificios en ducias de concellos. Un exemplo claro da nosa aposta pola sustentabilidade”, engadiu.

Axenda Urbana
O delegado asegurou que a Axenda Urbana é prioritaria para o Goberno e traballa en tres liñas claves: sustentabilidade, humanización e igualdade. Por iso, nas novas políticas están implicados tanto o Ministerio de Transportes como o Ministerio para a Transición Ecolóxica. “Con estas tres liñas traballamos e traballades. Os resultados cada día son mellores y o futuro que temos por diante é máis que prometedor”, dixo.

Evento completo.

Sobre a sustentabilidade, explicou que debe servir para darlle forza á economía circular nun contexto no que o coidado do medio ambiente e a transición ecolóxica son cada día máis importantes. No caso da humanización, resulta fundamental que a cidadanía estea máis cómoda e se sinta máis próxima ás actuacións. Por último, respecto á igualdade, lembrou que a perspectiva de xénero entra en todos os ámbitos e o urbanismo é un deles.

Sobre os premiados na gala, destacou que son “mozas e mozos que entran no mundo da arquitectura pisando forte” acompañados por “veteranas e veteranos renovados que seguen a sorprender” e “artistas consagrados, como César Portela, cun legado inspirador para todos e unha actividade que segue a marcar a senda para moitos”, rematou.

Premios COAG